O BNG de Ribeira esixe reparar a pasarela da praia da Corna tras o accidente sufrido por unha usuaria
En Noia comezou a renovación do pavimento de madeira da ponte de San Lázaro

Antía Alberte, esquerda, e Veva Betanzos, na pasarela da praia da Corna. / Cedida
O BNG de Ribeira presentou unha moción para reclamar a reparación da pasarela, da rampla e dos demais accesos de madeira á praia da Corna, ante o deterioro que presentan numerosos elementos desta infraestrutura.
As concelleiras Antía Alberte e Veva Betanzos comprobaron o estado da pasarela e dos accesos e alertaron que existen numerosas táboas deterioradas e mesmo podres, unha situación que, segundo sinalan, “supón un risco evidente para a seguridade das persoas que a utilizan”.
O pasado 7 de agosto unha persoa caeu ao ceder unha das táboas da rampla de acceso, tendo que ser atendida polo servizo de socorrismo.
“Non estamos a falar simplemente dunha táboa que necesite unha pequena reparación. Unha persoa sufriu unha caída porque a madeira cedeu, e iso debería ser máis que suficiente para que o Concello actuase de inmediato e non deixar durante semanas unha cinta como se fose a solución”, sinala Antía Alberte.
A pasarela é unha infraestrutura fundamental para facilitar o acceso ao areal. “Precisamente nunha época de máxima afluencia de veciñanza e visitantes, o Concello ten que garantir un mantemento mínimo destes espazos”, engadiu a edil.
O BNG solicita unha inspección da pasarela, da rampla e dos demais elementos de madeira dos accesos á praia da Corna, co obxectivo de identificar todas aquelas táboas, elementos estruturais ou zonas que presenten deterioro ou poidan supoñer un risco.

En Noia xa comezou a renovación do pavimento de madeira da ponte de San Lázaro. / Cedida
Así mesmo, reclama que o Concello proceda á substitución inmediata das táboas e dos elementos deteriorados ou danados, garantindo que toda a infraestrutura quede en condicións adecuadas e seguras para o seu uso.
Pola súa banda, o Concello de Noia iniciou as obras de renovación do pavimento de madeira da ponte de San Lázaro, que levaba anos cunha parte en mal estado.
Os traballos rematarán o luns ou o martes. Ata entón, a ponte está sen pavimento, polo que é importante respectar o valado e extremar as precaucións.
- Muere Manuel Peleteiro Ramos, hijo de los fundadores del Colegio Peleteiro de Santiago
- Medio Ambiente detecta un auge de la pesca eléctrica en los ríos gallegos: «No me esperaba que hubiese tanto furtivismo de este tipo»
- Las nueve medidas con las que el candidato del PP Borja Verea quiere convertir Santiago en 'la mejor capital de Europa' para las familias
- El primer bar vikingo de Santiago abre con un barco a tamaño real como barra: 'Va a ser algo nuevo en la ciudad
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- Hallan en el convento pontevedrés de Santa Clara un cerebro saponificado, restos de niños y el cadáver de un capellán
- Santa Minia de Brión 2026: Luar na Lubre, Olympus y Finisterre en la primera edición como Fiesta de Interés Turístico de Galicia