Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O comercio de Outes saca ás rúas produtos de artesanía, gastronomía e horta no marco da Feiriña

A programación festiva inclúe concertos e diversos talleres de artesanía e infantís

Posto de Adisbismur na Feiriña de Outes.

Posto de Adisbismur na Feiriña de Outes. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Outes

Esta fin de semana os comercios de Outes saen á rúa para expoñer os seus produtos e ofrecer aos visitantes descontos nunha nova edición da Feiriña, na que participan máis de sesenta postos.

Este sábado e este domingo hai postos de comercio, artesanía e produtos do campo, entre outros. Os asistentes poden gozar da gastronomía local nos establecementos de hostalería e na tradicional polbeira, alén de refrescarse con xeados artesanais.

A programación festiva inclúe concertos e diversos talleres de artesanía e infantís. Así mesmo, os máis pequenos contan con animación especializada e inchables para o seu entretemento.

Na xornada deste domingo haberá un obradoiro infantil para elaboración de xabón artesanal e outro de creación de pedras de calma en cerámica, e actuará D'Crooners.

Tracking Pixel Contents