SECA
Ribeira mobiliza a Policía Local para garantir un consumo responsable da auga da rede municipal
O Concello detectou que algunhas persoas accederon ás billas para volver activar as duchas das praias

Praia do Vilar, en Ribeira. / Turismo de Galicia
O Concello de Ribeira informou a comezos do mes de agosto dunha serie de restricións no uso da auga procedente da rede municipal debido á falta de chuvia e ao alto consumo no verán. A Administración local procedeu a inutilizar as duchas das praias e limitar o regadío das zonas verdes.
No que atinxe á veciñanza, o Concello fai fincapé na necesaria implicación cidadá para, entre todos, "facer un consumo responsable da auga e revisar posibles fugas para non desbotar un ben de primeira necesidade", sinalan dende a Administración local.
Por iso, establécense unha serie de recomendacións domésticas como regar os xardíns nas horas de menor evaporación da auga durante o tempo imprescindible e, a maiores, aplícanse restricións do uso da rede municipal para o recheo de piscinas, o lavado de vehículos e a utilización de lavapés e duchas nas praias.
Apelan á cooperación cidadá
Se ben a Administración local inhabilitou este servizo, "detectouse que en moitos lugares a xente accedeu ás billas para volver ter operativas as duchas, polo que se reitera a cooperación de todas as partes", subliñan dende o Concello.
Por todo isto, a Policía Local fará roldas de vixilancia para que se cumpran as medidas referidas e, ata novo aviso, "apélase á colaboración cidadá para evitar chegar a futuros cortes de auga máis severos debido a que as reservas de auga están baixo mínimos".
Así mesmo, infórmase á industria de que "consuman a cantidade de auga necesaria para non parar a súa actividade".
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson
- El restaurante a 40 minutos de Santiago con 'el mejor salpicón de marisco de Galicia': 'La receta lleva generaciones en la casa”