MAR
A Galicia Azul sérvese en Ribeira con sabor a lirio, sardiña, polbo e navalla
Gastromar ofrece ata o domingo elaboracións tradicionais e propostas innovadoras

A conselleira do Mar cortando polbo no Gastromar de Ribeira. / X. G.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou na inauguración da V Feira Gastronómica Gastromar, de Ribeira, que ata o vindeiro domingo, con quendas de mañá e noite, ofrecerá elaboracións tradicionais e propostas innovadoras baseadas en especies de proximidade como o lirio, a sardiña, o peixe espada, o polbo, as ameixas, as navallas ou o camarón.

A conselleira, a alcaldesa, concelleiros e patróns maiores, entre outros, no acto inaugural. / X. G.
Villaverde destacou a consolidación desta cita como un exemplo de innovación culinaria e de exaltación da calidade e frescura dos produtos do mar descargados pola frota local, así como para a dinamización económica e turística do municipio.
Subliñou ademais o papel estratéxico de Ribeira como un dos portos pesqueiros máis importantes de Galicia e destacou o labor conxunto de mariñeiros, confrarías, peixeiros, praceiros e hostaleiros para achegar o mellor do litoral á mesa.

O evento gastronómico acolle unha 'food truck' para cociña en vivo.. / X. G.
"Estes alimentos representan unha das maiores riquezas de Galicia, un privilexio cotián e un atractivo excepcional para os nosos visitantes, reflectindo á perfección os valores de Galicia Calidade e da nosa dieta atlántica", sinalou a conselleira. Así mesmo, fixo fincapé no valor de iniciativas que "combinan o importante legado da Galicia mariñeira coa nova realidade da Galicia Azul, apostando pola innovación, a sustentabilidade e a remuda xeracional".
A Consellería do Mar renova o seu respaldo a Gastromar co apoio á Asociación de Empresarios de Ribeira e á Asociación Praza de Abastos. Esta colaboración contribúe a que a feira conte cunha ampla infraestrutura que inclúe unha foodtruck para cociña en vivo, un expositor de produto fresco da ría, espazos para degustacións e obradoiros de educación ambiental dirixidos a achegar o medio mariño aos máis novos.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson
- El restaurante a 40 minutos de Santiago con 'el mejor salpicón de marisco de Galicia': 'La receta lleva generaciones en la casa”