CASA DE ACOMPAÑAMENTO
Un novo modelo de coidados para maiores empeza a tomar forma en Rianxo
O Concello cede os terreos e a Deputación da Coruña asumirá a titularidade, o financiamento e a execución das obras

Valentín González, esquerda, e Julián Bustelo asinaron o convenio na Deputación. / D. C.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, asinaron o convenio de cooperación entre ambas administracións para a cesión dos terreos nos que se construirá a futura Casa de Acompañamento a Persoas Maiores (CAM).
A sinatura supón un novo paso para facer realidade este centro residencial público de carácter supramunicipal, despois de que o pleno da Deputación aprobase por unanimidade o pasado mes de xullo o convenio que regula a colaboración entre ambas institucións.
A futura CAM erguerase nunha parcela municipal de máis de 6.000 metros cadrados situada na rúa Rianxiño, a carón do IES Félix Muriel, e valorada en máis dun millón de euros. Mediante o acordo asinado hoxe, o Concello de Rianxo cede gratuitamente á Deputación o pleno dominio dos terreos.
Pola súa banda, a institución provincial asumirá a titularidade do servizo público e encargarase de financiar e executar tanto as obras de construción como o equipamento integral e a posterior posta en funcionamento do centro.
Un servizo para toda a comarca
Formoso destacou que a sinatura "permite avanzar nun proxecto moi importante para Rianxo e para toda a comarca, que ofrecerá ás persoas maiores a posibilidade de recibir unha atención de calidade preto das súas familias e da súa contorna habitual".
O presidente provincial subliñou tamén que este proxecto "representa o modelo de atención aos maiores que queremos impulsar desde a Deputación: centros máis humanos, próximos e integrados na comunidade, nos que as persoas sexan o centro de todos os coidados”.
Pola súa banda, Julián Bustelo puxo en valor a colaboración entre o Concello e a Deputación para facer posible "unha infraestrutura moi necesaria para Rianxo e para o conxunto da comarca", e destacou a importancia de que o municipio poida contar cun centro público destas características.
Novo modelo residencial
A Casa de Acompañamento a Maiores (CAM) de Rianxo forma parte do plan da Deputación para implantar na provincia un novo modelo de residencias de proximidade inspirado nos centros europeos de quinta xeración, deseñados para evitar o desarraigo das persoas maiores e ofrecerlles unha contorna o máis semellante posible ao seu propio fogar.
O proxecto prevé 59 prazas, distribuídas en catro unidades convivenciais independentes, cada unha delas con cociña, salón e espazos comúns propios, favorecendo unha convivencia a menor escala e unha atención máis personalizada.
Tecnoloxías avanzadas
O centro contará ademais con servizos de atención médica xeriátrica, psicoloxía, traballo social, terapia ocupacional e fisioterapia, así como con tecnoloxías avanzadas destinadas a reforzar a seguridade, a autonomía e confort das persoas usuarias.
A CAM de Rianxo integrarase no proxecto piloto provincial deste novo modelo residencial, xunto cos centros previstos nos municipios das Pontes e Ordes.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson
- El restaurante a 40 minutos de Santiago con 'el mejor salpicón de marisco de Galicia': 'La receta lleva generaciones en la casa”