FURTIVISMO
Sorprenden catro furtivos con 154 quilos de berberecho no espazo protexido de Corrubedo
Os axentes ambientais empregaron visores nocturnos e un dron para detectar os infractores

Os axentes ambientais devolveron o berberecho ao medio natural. / UICON
Axentes ambientais da Unidade de Investigación de Conservación da Natureza (UICON), dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, localizaron en días pasados 154,7 quilogramos de berberecho no marco dun operativo de vixilancia antifurtivismo no Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
A intervención realizouse durante unha vixilancia continuada con visores nocturnos, dron e prismáticos, detectando a presenza de catro furtivos extraendo berberecho e onde agochaban os moluscos incautados. Os axentes decomisaron todos os exemplares e devolvéronos ao medio natural ao atoparse en boas condicións.

Baldes co berberecho incautado aos catro furtivos en Corrubedo. / UICON
A actuación enmárcase no plan operativo anual da UICON, unha nova brigada móbil integrada por oito axentes cunha alta capacitación técnica que puxo en marcha a Xunta este ano para abordar materias que, pola súa complexidade e carga de traballo, requiren especial dedicación, coñecementos específicos e habilidades e competencias particulares, así como dunha coordinación e estratexia únicas en todo o territorio galego.
Así, a Lei 5/2019 do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia prohibe a extracción de recursos naturais en espazos naturais protexidos sen autorización, polo que os autores destas infraccións foron identificados e levantouse unha acta de denuncia por infrinxir esta lei.
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Pierde la vida un trabajador en Negreira tras sufrir una caída en una obra
- La Xunta exige al Estado garantías 'por escrito' para que Galicia no pague 'una factura millonaria' por la AP-9
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas