Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

HOMENAXE EN RIBEIRA

A nadadora María Vilas xa ten estrela no paseo da fama de Castiñeiras

O seu nome súmase aos de Álex Vidal e Heredeiros da Crus

María Vidal e Álex Vidal amosando as súas estrelas do paseo da fama de Castiñeiras.

María Vidal e Álex Vidal amosando as súas estrelas do paseo da fama de Castiñeiras. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

A parroquia de Castiñeiras, en Ribeira, que celebra as súas festas do verán esta fin de semana, rendeu unha emotiva homenaxe á nadadora María Vilas, que xa conta cunha estrela no paseo da fama da localidade. O seu nome súmase aos do taekwondista Álex Vidal e do grupo Heredeiros da Crus.

María Vilas na homenaxe recibida na parroquia de Castiñeiras, en Ribeira.

María Vilas na homenaxe recibida na parroquia de Castiñeiras, en Ribeira. / Cedida

Ao acto sumouse a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, quen destacou a traxectoria deportiva desta veciña que participou nos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro de 2016 nos 800 metros estilo libre no 400 combinado individual. Especialista en probas de fondo, participou tamén en dous campionatos do mundo e segue competindo en diferentes probas.

A rexedora subliñou que María Vilas "brila por dentro e por fóra, non só polos éxitos acadados, que son moitos, senón pola súa grandeza persoal".

A homenaxe á nadadora local complementouse cunha sardiñada no porto de Castiñeiras.

Tracking Pixel Contents