LABORAL
O Concello de Ribeira incorporará un peón forestal menor de trinta anos
A contratación será a xornada completa durante nove meses

Casa consistorial de Ribeira. / Cedida
O Concello de Ribeira aproba as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun peón forestal mediante concurso-oposición despois de que a Administración local resultase beneficiaria dunha subvención destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil de Galicia a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro.
A contratación realizarase a xornada completa, que se prestará de luns a venres, en horario que se distribuirá segundo as necesidades e organización do servizo, por un período de nove meses.
Entre 18 e 30 anos
Para tomar parte neste proceso, as persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos, entre eles, ter feitos os 18 anos e non superar os 30, estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e como beneficiarias no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito de Galicia.
Unha vez o Servizo Público de Emprego remita a relación de persoas ao Concello, este porase en contacto con elas para que presenten a documentación. As bases completas están dispoñibles na sede electrónica municipal.
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Pierde la vida un trabajador en Negreira tras sufrir una caída en una obra
- La Xunta exige al Estado garantías 'por escrito' para que Galicia no pague 'una factura millonaria' por la AP-9
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas