A Pobra activará o día nove de setembro os servizos Madruga e Comedor
Haberá unha redución do 50% da matrícula para o segundo irmán e será gratuíta para o terceiro

Carolina Rodríguez, esquerda, e Estefanía Ramos. / Cedida
A concelleira de Igualdade da Pobra, Estefanía Ramos, e a técnica municipal de Igualdade, Carolina Rodríguez, presentaron os servizos Madruga e Comedor para o curso 2026-2027, que se prestarán a partir do mércores 9 de setembro e ata o 21 de xuño de 2027.
Para facer uso de ambos os servizos será necesario presentar previamente a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada. As familias que precisen utilizalos desde o primeiro día deberán entregar a documentación, como data límite, o venres 4 de setembro. Se o servizo se precisa de maneira esporádica, a inscrición poderá formalizarse en calquera momento, sempre cun mínimo de dous días hábiles de antelación.
A ficha poderá presentarse a través da sede electrónica, mediante unha instancia xeral; presencialmente no Servizo de Igualdade, situado fronte ao consistorio; ou, unha vez iniciado o curso, ao monitorado de calquera dos dous servizos, que poderán solicitarse por mes natural completo, medio mes, días soltos ou de maneira esporádica.
Nos meses de setembro e xuño, o prezo por mes completo será de 8,40 euros para estadías de ata unha hora e de 11,20 euros cando se supere ese tempo. Os días soltos terán un custo de 2 euros ata unha hora e de 2,50 euros para máis dunha hora.
Durante o resto do curso, o mes completo terá un custo de 12 euros ata unha hora e de 16 euros para máis dunha hora. Para a modalidade de medio mes, os importes serán de 8 e 12 euros, respectivamente, mentres que os días soltos custarán 2 euros ata unha hora e 2,50 euros cando se supere ese tempo.
Haberá unha redución do 50% da matrícula para a segunda irmá ou o segundo irmán e será gratuíta para a terceira ou o terceiro.
Para resolver calquera dúbida, as persoas interesadas poden contactar co Servizo de Igualdade no teléfono 981 832 764 (extensión 6) ou a través do correo electrónico igualdade@apobra.gal.
Os servizos están cofinanciados polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson
- El restaurante a 40 minutos de Santiago con 'el mejor salpicón de marisco de Galicia': 'La receta lleva generaciones en la casa”