Lousame lembrará cun ciclo de tres concertos a Prudencio Romo, membro do mítico grupo Los Tamara
Celebraranse na casa da cultura os días 4, 11 e 18 de setembro e actuarán Sul Ponticellas Quartet, a Banda de Música de Lousame e A Misela de Noia

Silvia Agrafojo, cuarta pola esquerda, con Isabel Gómez, Marcos Pereiro, Alejandro Guillermo, Juan Rodríguez e Eduardo Agraso. / Cedida
A alcaldesa en funcións e concelleira de Cultura de Lousame, Silvia Agrafojo, presentou o programa da XVIII Homenaxe a Prudencio Romo, que terá lugar no auditorio da casa da cultura os venres 4, 11 e 18 de setembro, ás 21.00 horas.
Prudencio Romo foi director das bandas de música de Outes, Taragoña e Lousame e membro do mítico grupo Los Tamara.
Os actos están organizados polo Concello e a Asociación Cultural Prudencio Romo. As entradas son de balde e poden reservarse na web www.bandoticket.com ou chamando ao 981 825 780.
Ata o de agora esta homenaxe incluía un único concerto de bandas no campo da festa de San Roquiño, se ben nos últimos dez anos tivo que ser trasladado ao polideportivo municipal debido ás malas condicións meteorolóxicas. Esta situación, unida á mellor acústica existente no auditorio, motivou en gran parte este cambio de emprazamento nesta edición.
Agrafojo estivo acompañada pola presidenta da Asociación Cultural Prudencio Romo, Isabel Gómez; o director da Banda de Música de Lousame, Marcos Pereiro; o director musical e o secretario do Grupo A Misela de Noia, Alejandro Guillermo e Juan Rodríguez, respectivamente; e o xestor cultural de Lousame, Eduardo Agraso.
Os actos comezarán o venres 4 de setembro cunha actuación de Sul Ponticellas Quartet e a Banda de Música de Lousame. “Trátase dunha proposta sorprendente que de seguro gustará pois son un cuarteto de violonchelos cos que tentaremos facer un concerto que traslade musicalmente o público por distintos lugares do mundo”, sinalou Marcos Pereiro.
O venres 11 será a quenda do grupo A Misela de Noia, de música popular iberoamericana. Alejandro Guillermo destacou que “para nós é unha honra participar na homenaxe a Prudencio Romo, pois somos conscientes da importancia deste músico en toda a ría de Muros-Noia, tanto na súa época no grupo Los Tamara como despois, e é de agradecer que o Concello manteña viva a súa memoria”.
Sobre a súa actuación, adiantou que será un concerto “de música popular iberoamericana que agardamos sexa do agrado de todo o público".
A Banda de Música de Lousame pechará a programación o venres 18, data na que está prevista algunha sorpresa musical máis que poderá gozar o público asistente.
Eduardo Agrafojo explicou que as datas e horarios escollidos para esta XVIII Homenaxe a Prudencio Romo “están pensados para non interferir coas festas das parroquias, adaptamos o programa a esas festas para que a xente poida gozar de ambas as propostas”.
- Muere Manuel Peleteiro Ramos, hijo de los fundadores del Colegio Peleteiro de Santiago
- Medio Ambiente detecta un auge de la pesca eléctrica en los ríos gallegos: «No me esperaba que hubiese tanto furtivismo de este tipo»
- Las nueve medidas con las que el candidato del PP Borja Verea quiere convertir Santiago en 'la mejor capital de Europa' para las familias
- El primer bar vikingo de Santiago abre con un barco a tamaño real como barra: 'Va a ser algo nuevo en la ciudad
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- Santa Minia de Brión 2026: Luar na Lubre, Olympus y Finisterre en la primera edición como Fiesta de Interés Turístico de Galicia
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos