Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O cardiólogo José Ramón González Juanatey será o pregoeiro das Festas do Carme do Porto do Son

Serán do 7 ao 11 de setembro e actuarán Capitol, Olympus, La Banda de Ayer, Alana, a Banda de Caamaño, Origen, Los Satélites, New York, Marbella, París de Noia e a Charanga Os Celtas

Luís Oujo, no centro, con membros do seu Goberno, na presentación das Festas do Carme.

Luís Oujo, no centro, con membros do seu Goberno, na presentación das Festas do Carme. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
O Porto do Son

O alcalde do Porto do Son, Luís Oujo, acompañado por membros do Goberno local, presentou a programación das Festas do Carme, que se celebrarán do 7 ao 11 de setembro. Serán cinco intensas xornadas cheas de festa, música en directo e tradición. O pregón correrá a cargo do cardiólogo José Ramón González Juanatey.

O rexedor animou “a gozar destas marabillosas festas, que son unha das celebracións máis destacadas do noso municipio” e agradeceu “a todas as persoas que fan posible levar a cabo estas festas e que permiten que veciñanza e persoas visitantes poidan gozar de cinco días de celebración con actividades variadas para todos os públicos”.

Programación completa

As cinco xornadas festivas comezarán coas dianas e alboradas do grupo de gaitas CanleBó. O luns 7 haberá saída dos cabezudos Os Viqueiras de Ordes desde o CEIP Santa Irene cara a Praza de España; pregón; e verbena a explanada portuaria coa orquestra Capitol e a sesión de Discomóbil.

O martes 8, saída da imaxe da Virxe do Carme en procesión desde a capela da Atalaia ata a explanada portuaria; misa solemne; procesión marítima coa tradicional ofrenda floral polos falecidos no mar e tirada de fogos artificiais; e verbena coa orquestra Olimpus, na explanada marítima, e La Banda de Ayer, na Praza de España.

O mércores 9, misas na capela de Loreto ás 09.00, 10.00, 11.00, 12.00, 18.00 e 19.00 horas; misa solemne acompañada pola Banda de Música de Caamaño; sardiñada no campamento de Loreto amenizada por Paco de Leña; concerto de Alana na Praza de España; e verbena na explanada portuaria coa orquestra Origen e Discomóbil.

O xoves 10 haberá misa solemne na capela de Atalaia e posterior procesión acompañada pola Banda de Música de Caamaño; e verbena na explanada portuaria coas orquestras Los Satélites e New York.

E o venres 11, misa solemne na igrexa parroquial e posterior procesión acompañada pola Banda de Música de Caamaño; inchables Tikolandia e xogos para a rapazada no xardín portuario; e verbena coas orquestras Marbella, na Praza España, e París de Noia, na explanda portuaria, ademais da sesión de Discomóbil. Á medianoite será a gran sesión de fotos de artificio e, a continuación, Festa da Auga con traca final acompañada pola Charanga Os Celtas.

TEMAS

Tracking Pixel Contents