Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Xunta convoca os actos expropiatorios para executar a senda peonil e ciclista da AC-550 en Outes

A redacción das actas previas será o 30 de setembro e o 1 de outubro, e a formalización será os días 24 e 25 de novembro

Terá unha lonxitude de 2,3 quilómetros, entre Cruceiro de Roo e o núcleo urbano do municipio

Trazado da futura senda peonil de Outes.

Trazado da futura senda peonil de Outes. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Outes

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria, para os vindeiros meses de setembro, outubro e novembro, dos actos expropiatorios para levar a cabo a execución da nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica AC-550, ao seu paso polo concello de Outes.

Os actos para a redacción das actas previas á ocupación están convocados para os vindeiros días 30 de setembro e 1 de outubro, das 10.00 ás 13.00 horas, no salón de plenos do Concello.

A formalización das actas de ocupación levaranse a cabo na mesma localización e no mesmo horario, os vindeiros días 24 e 25 de novembro.

Este nova actuación do departamento que dirixe María Martínez Allegue suporá un investimento que superará os 1,3 M€, e permitirá habilitar un itinerario mixto de case 2,3 quilómetros de lonxitude, no treito da AC-550 entre os puntos quilométricos 62+120 a 64+410, co obxectivo de mellorar a seguridade e a mobilidade nesta vía autonómica.

A actuación a executar pola Xunta persegue facilitar o tránsito camiñando ou en bicicleta, entre Cruceiro de Roo e o núcleo urbano do municipio.

O proxecto desta actuación consiste na execución dunha senda de uso compartido peonil-ciclista en paralelo á estrada AC-550, inicialmente pola súa marxe esquerda entre os puntos 62+120 e 62+200 (80 metros), e logo pola súa marxe dereita entre os puntos 62+185 e 62+410, partindo das beirarrúas dentro do núcleo rural de Viro ata alcanzar as beirarrúas existentes ao comezo da travesía urbana da Serra de Outes.

A senda executarase adxacente á estrada e mantendo o mesmo trazado, cun ancho de 2,5 metros, incluíndo o bordo estético, e cunha beiravía de 50 centímetros e sobre-elevada 10 centímetros sobre a beiravía como norma xeral, salvo nos accesos onde se rebaixa ata os 2 cm.

O pavimento empregado será de formigón coloreada en cor terriza, mentres que os 8 cm restantes serán en formigón gris.

Na intervención terase en conta os accesos ás parcelas e os cruces cos camiños municipais e empregarase pavimento podotáctil nos cruces coas estradas municipais.

Na intervención inclúense os traballos da drenaxe e para minimizar as futuras afeccións á senda debido a obras de redes de servizos, planéase a inclusión dun prisma de canalización de telecomunicacións baixo a mesma.

As actuacións contempladas neste proxecto contarán con financiamento europeo a través do programa operativo FEDER 21/27. O prazo de execución das obras é de 12 meses.

Tracking Pixel Contents