BOIRO
Festas de San Ramón en Bealo: máis de 260 anos de historia
Do 30 de agosto ao 6 de setembro haberá unha variada oferta musical e actos litúrxicos

María Outeiral con dous membros da comisión na presentación das festas. / Cedida
A parroquia de Bealo, en Boiro, celebra entre o 30 de agosto e o 6 de setembro as festas de San Ramón coa tradicional romaría con máis de 260 anos de historia.
As celebracións comezarán o domingo 30 coa subida dos santos e verbena co Grupo Montereal e Planet Disco Móbil. O luns 31, festivo local, terá lugar a tradicional romaría con misas na honra de San Ramón a todas as horas e cantada ás 13.00 horas. Pola tarde haberá actuacións de grupos de baile e, pola noite, verbena con La Conexión e Elebé 2.0.
Ampla oferta musical
O martes, 1 de setembro, continúa o programa festivo con actos litúrxicos e verbena coa Orquestra D'Noche e o grupo La Bamba, e o mércores, día 2, actuarán a orquestra Compostela e o grupo Unión y Fuerza. O xoves terá lugar a baixada dos santos á igrexa e haberá verbena coas orquestras Marbella e Los Satélites.
As festas pecharanse o domingo 6 de setembro coa celebración do San Ramonciño Pequeno cunha misa solemne ás 12.00 horas e a actuación do grupo de gaitas Aires do Río Vello.
A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación do programa das festas xunto con membros da comisión.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson
- El restaurante a 40 minutos de Santiago con 'el mejor salpicón de marisco de Galicia': 'La receta lleva generaciones en la casa”