Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ARTE

Noia reúne talento artístico local e internacional no encontro Improntas

Este venres chega unha nova edición do Entroido de Verán con música nas rúas e ambiente festivo ata a noite

O encontro artístico terá lugar no claustro da casa consistorial de Noia.

O encontro artístico terá lugar no claustro da casa consistorial de Noia. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Noia

O claustro da casa consistorial de Noia acollerá os días 29 e 30 de agosto o encontro de artistas Improntas, unha iniciativa organizada por Inés Silvalde coa colaboración do Concello.

A actividade reunirá artistas de diferentes disciplinas e estilos, entre eles o escultor internacional Ramón Conde, Sebas Anxo, Fina Barreiro, Roi Barros, R. Carredano, Mariano Casas, Fechán, Arturo Ferreiro, Fon, Jorge Gallardo, Ana Garrido, Eduardo Hermo, Serafín Marcos, Segundo Oviedo, Beatriz S. Saá, Inés Silvalde e Nastasia Zürcher.

Cartel promocional do encontro artístico en Noia.

Cartel promocional do encontro artístico en Noia. / Cedida

Durante o encontro, os participantes mostrarán os seus traballos ao público, nunha proposta que combina exposición e venda de arte e que permitirá coñecer creacións de disciplinas como a pintura, a escultura, a ilustración, o grafiti ou a performance, entre outras.

"A iniciativa busca crear un punto de encontro entre artistas e público e achegar diferentes formas de expresión e creación artística á veciñanza", subliñan dende o Concello.

Entroido de Verán

Por outra banda, Noia acolle mañá unha nova edición do Entroido de Verán, que se desenvolverá polas rúas Curro, Malecón de Gasset, Praza da Constitución e Alameda ao longo da tarde e da noite.

La Disquetera, Habana Café Son, The Cods, Glasgow 15, Tarafa, Chocolate e Gabri Salgado porán as notas musicais, e ás 00.00 horas haberá sesión de fogos de artificio.

Tracking Pixel Contents