DEMANDAS HISTÓRICAS
Porto do Son destina 1,45 millóns de euros a obras prioritarias e mellora de servizos
O plan inclúe a instalación de fosas sépticas, a renovación de parques, a mellora de viais e a rehabilitación de consultorios

O Concello do Porto do Son mobilizará 1,45 M€ para obras e mellorar servizos. / Cedida
O Concello do Porto do Son continúa avanzando no seu firme compromiso por facer realidade demandas históricas e dar resposta ás necesidades da veciñanza do municipio. Destinará unha partida de 1.455.253 euros para realizar un conxunto de obras prioritarias e mellorar os servizos públicos e infraestruturas municipais.
Desde o goberno municipal destacan que "esta decisión responde a unha planificación económica responsable, que aposta por aproveitar a capacidade financeira do Concello para realizar investimentos que beneficien o conxunto da poboación e que atendan a demandas históricas".
Estas actuacións, engaden, "suporán unha mellora significativa en diferentes puntos do municipio, contribuíndo ao desenvolvemento equilibrado de todas as parroquias e reforzando o compromiso do Concello cunha xestión próxima, eficaz e orientada ao interese xeral".
Fosas sépticas, renovación de parques e consultorios
Entre as obras e proxectos que se executarán figuran a instalación de dúas fosas sépticas con filtro para depuración das augas residuais no núcleo de Basoñas (49.963 euros), e outra no núcleo de Seoanes (36.969 €), as acometidas para saneamento na parroquia de Queiruga (21.900 €), a renovación do parque infantil en Nebra (46.691 €), a rehabilitación da cuberta do consultorio en Portosín, ao abeiro dun convenio entre o Concello e a Consellería de Sanidade (23.884 €), a rehabilitación da infraestrutura de servizos sociais na Casa da Cultura de Caamaño (120.000 €).
Asemade, o Concello mellorará as capas de rodadura no núcleo da Igrexa (26.827 €) e dos viais de acceso a Agrelo, (46.597 €) e a unha vivenda en Agrelo-Noal (14.390 euros), nos núcleos de Agrelo-Noal (38.542 €), Puilla, en Nebra (43.261 €) e Portosín (16.033 €). Tamén construirá un muro de contención en Montemuíño (48.383 €) e modernizará a escola infantil do Porto do Son (50.000 euros).
A partida dedicada á dirección das obras e actuacións ascende a 15.686 euros.
Máis melloras complementarias a partir de setembro
Paralelamente, a partir de setembro, o Concello licitará outro lote de obras, entre as que se inclúen os saneamentos de Aguieira norte (227.915 €), Foloña e Carantoña (320.233 €), Laranga (118.391 €), Agrelo e Outeiro (82.875 €) e Parada.
Tamén se contempla a mellora dos camiños rurais do Loreto (56.712 €) e das capas de rodadura en Carballosa, Caamaño e Cabanela, e a reposición dos servizos e pavimentos de Freixedo. Ademais está proxectada a climatización e ventilación do centro de día do Porto do Son, por importe de 50.000 euros
O alcalde, Luis Oujo, destacou que "este é un plan adaptado ás necesidades da veciñanza, que reforza o compromiso deste goberno local coa mellora das infraestruturas municipais, facilitando a mobilidade e contribuíndo á mellora da calidade de vida".
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Cambio de tiempo en Galicia: un frente activo dejará lluvias generalizadas y un descenso de las temperaturas