Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Ribeira levanta o pano do outono con trece funcións teatrais

O novo auditorio municipal acollerá compañías galegas, nacionais e internacionais entre setembro e decembro

Ana Barreiro, esquerda, e María Sampedro, presentando a Mostra de Teatro.

Ana Barreiro, esquerda, e María Sampedro, presentando a Mostra de Teatro. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

A dramaturxia volve cobrar gran protagonismo na programación cultural do outono coa Mostra de Teatro que impulsa o Concello de Ribeira coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Un total de 13 funcións integran o cartel, con presenza maioritariamente galega, con ribeirenses como Quico Cadaval e Susana Sampedro, se ben tamén participará unha compañía nacional, con María Galiana, e, por primeira vez, outra internacional. Ademais, o Grupo Municipal de Teatro aproveitará para estrear a súa última obra. Os espectáculos poderán verse no novo auditorio municipal os venres, ás 21.15 horas.

Cartel promocional da Mostra de Teatro 2026 de Ribeira.

Cartel promocional da Mostra de Teatro 2026 de Ribeira. / Cedida

O pano erguerase coa obra Manual de patronaxe, de Teatro do Noroeste, o 25 de setembro. O programa complétano Yo solo quiero irme a Francia, de Contraproducións (2 de outubro); Comed[IA], de Piscore (9 de outubro); Os dous de sempre, de Producións Teatrais Excéntricas (16 de outubro); Slips inside, de Okidok (23 de outubro); Reconversión, de Ibuprofeno Teatro (30 de outubro).

No mes de novembro chegarán Bernarda, de Malasombra Producións (día 6); O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger, de Tarabela Creativa (día 13); A louca historia de Galicia, de Fulano, Mengano e Citano (día 20); e Jastac Japi Jolidais, de Leti da Taberna (día 27).

Clausura co Grupo Municipal de Teatro

O ciclo rematará en decembro coa posta en escena de Nas nubes, de Redrum Teatro (día 4); Go on!, de 42 Norte (día 11); e a estrea de De tal pau..., do GMT de Ribeira, que servirá de clausura da mostra o 18 de decembro, con entrada gratuíta.

O prezo das entradas (agás a do grupo municipal) é de 4,95 euros (máis gastos de xestión), se ben se pode mercar un bono para a totalidade da mostra por 35 euros (máis gastos de xestión). A adquisición farase a partir do 2 de setembro, mediante tarxeta bancaria na Oficina de Atención Cidadá, de luns a venres, de 09.30 a 14.00 horas, ou a través da billeteira de www.ataquilla.com.

Actividade cultural todo o ano

A alcaldesa, María Sampedro, presidiu o acto de presentación e puxo de manifesto a importancia das artes escénicas no calendario municipal de actividades para seguir desfrutando da cultura durante os meses de outono. "Teremos elencos excepcionais con magníficas historias que nos farán gozar da dramaturxia co seu talento", afirmou.

A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, asegurou que "cun cartel desta envergadura non hai escusa para quedar na casa. Toca seguir desfrutando da cultura, do teatro, no noso buque insignia: o novo Auditorio municipal". Sinalou ademais que seguen "co compromiso de dinamizar a vida cultural do noso municipio durante todo o ano".

Tracking Pixel Contents