Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INICIATIVA

'Tendas á Rúa' en Ribeira para dinamizar o comercio local

A praza do Concello converterase o sábado nun gran escaparate organizado por Viamare CCA

A cita cos comercios será na praza do Concello de Ribeira.

A cita cos comercios será na praza do Concello de Ribeira. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

A capital ribeirense acolle este sábado, 29 de agosto, a segunda edición de Tendas á Rúa, unha iniciativa que busca dinamizar o comercio local promovida pola Asociación de Empresarios de Ribeira - Viamare CCA.

Cartel promocional de Tendas á Rúa, de Ribeira.

Cartel promocional de Tendas á Rúa, de Ribeira. / Cedida

Tras a boa acollida da primeira edición, os comercios volverán saír á rúa para achegar os seus produtos á veciñanza e compartir unha xornada especial.

A cita será na praza do Concello, de 11.00 a 14.30 horas. Dende a patronal animan a veciños e visitantes a "coñecer as propostas dos nosos comercios e apoiar o comercio local".

Tracking Pixel Contents