RIANXO
A carpintería de ribeira busca futuro sen perder as súas raíces
A Xunta apoia con 30.000 euros a dinamización dun oficio clave para preservar o patrimonio marítimo

Ángeles V. Súarez co responsable de Astilleros Catoira, en Rianxo. / X. G.
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitou as instalacións de Astilleros Catoira, en Rianxo, onde coñeceu de primeira man a actividade desenvolvida pola empresa e a realidade dun sector estreitamente vinculado á tradición marítima e pesqueira de Galicia.
Durante o encontro tamén se abordou a importancia de preservar e impulsar a carpintería de ribeira como actividade económica e como parte do patrimonio marítimo galego.
Recuperar a actividade
A visita enmárcase na aposta da Xunta por apoiar este sector e dar continuidade á colaboración coa Asociación Empresarial Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), coa que a Consellería do Mar asinou recentemente un convenio para dinamizar, fomentar e recuperar esta actividade e o patrimonio marítimo flotante galego.
O acordo, dotado con 30.000 euros para 2026, contempla actuacións de divulgación e transferencia de coñecemento, así como iniciativas para favorecer a continuidade e o futuro das carpinterías de ribeira.
Manter vivo o legado
Ángeles V. Suárez destacou a importancia de iniciativas como o Plan de Cultura Marítima de Galicia (PCUMA), orientado á conservación e posta en valor do patrimonio marítimo, dentro dunha estratexia que busca manter vivo o legado asociado ás embarcacións tradicionais e aos oficios vinculados ao mar. Neste ámbito, as carpinterías de ribeira teñen un papel fundamental ao conservar coñecementos e técnicas tradicionais e transmitilos ás novas xeracións.
Salientou ademais "a necesidade de compatibilizar a preservación destes saberes tradicionais coa incorporación de novas técnicas e solucións que permitan garantir a continuidade dunha actividade especializada, xeradora de coñecemento e estreitamente ligada á identidade das comunidades costeiras galegas".
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Pierde la vida un trabajador en Negreira tras sufrir una caída en una obra
- La Xunta exige al Estado garantías 'por escrito' para que Galicia no pague 'una factura millonaria' por la AP-9
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas
- El caos aéreo en Reino Unido también golpea a Galicia: dos vuelos cancelados este martes entre Santiago y Londres