Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SOLIDARIEDADE

Cinco quilómetros a carón do mar para loitar contra o cancro en Aguiño

A Andaina Solidaria celebrarase o 6 de setembro, con saída desde o porto e inscrición aberta a partir de 5 euros.

Álex Vidal, esquerda, e José Antonio Santamaría coas representantes da AECC en Aguiño.

Álex Vidal, esquerda, e José Antonio Santamaría coas representantes da AECC en Aguiño. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

A xunta local da Asociación Española Contra o Cancro, coa colaboración do Concello de Ribeira e outras entidades, impulsa a cuarta andaina solidaria para camiñar por Aguiño o 6 de setembro.

A saída será dende o porto da parroquia, a partir das 19.30 horas, para completar unha distancia de aproximadamente cinco quilómetros pasando a carón do mar ata o lavadoiro de Penisqueira.

O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, gabou o dinamismo desta entidade e a cantidade de probas deportivas que promoven para recadar fondos para a investigación contra o cancro e seguir concienciando a cidadanía sobre esta enfermidade.

Cartel promocional da IV Andaina Solidaria Aguiño Contra o Cancro 2026.

Cartel promocional da IV Andaina Solidaria Aguiño Contra o Cancro 2026. / Cedida

A outra andaina Ribeira en marcha contra o cancro ou a travesía a nado Illa de Rúa son dous exemplos. "Dende o Concello de Ribeira apoiamos todas estas accións que axudan a sensibilizar a veciñanza e tomar parte activa para poñer da súa parte para mudar unha realidade", afirmou o edil.

No acto de presentación tamén participaron a presidenta da xunta local de Ribeira da AECC, María Jesús Paz; a vicepresidenta, Ramona Paz; a vogal, Teresa Sampedro; e o patrón maior da Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño, José Antonio Santamaría.

Prazos e prezos de inscrición

O prazo de inscrición xa está aberto a través dos teléfonos de contacto 630 252 426 ou no 630 921 446, na sede da xunta local ou na propia andaina. A contía a aboar será de 5 euros, ademais de dispoñer da opción de adquirir a camiseta por outros 5 euros. No caso de menores de 12 anos, o importe a pagar para participar é de 3 euros.

Tracking Pixel Contents