INICIATIVA
Máis de 260 escolares aprenden a coidar o planeta con Amicos
O proxecto Comprométete cos ODS combinou educación ambiental, inclusión e acción directa sobre a contorna

Unha das actividades do proxecto 'Comprométete cos ODS' de Amicos. / Cedida
Os e as activistas medioambientais de Amicos despiden o proxecto Comprométete cos ODS, unha iniciativa na que máis de 260 escolares se achegaron aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da man da entidade.
En concreto, 266 escolares e 35 persoas adultas participaron nas 10 accións desenvolvidas no marco desta iniciativa, que combina educación ambiental, participación e acción directa sobre a contorna.

Escolares participando nunha das actividades de 'Comprométete cos ODS'. / Cedida
Durante as actividades, as persoas participantes coñeceron diferentes ODS relacionados coa protección do planeta, como o ODS 13, Acción polo clima; o ODS 14, Vida submarina, ou o ODS 15, Vida de ecosistemas terrestres. As sesións incluíron tamén accións de recollida de residuos mariños, que permitiron retirar 62,18 quilos de lixo da contorna.
Dende Amicos aseguran que o proxecto "busca achegar a sustentabilidade á cidadanía dun xeito práctico, facilitando que as persoas participantes non só coñezan os retos ambientais, senón que tamén se impliquen directamente no seu coidado".
Inclusión e compromiso ambiental
Comprométete cos ODS tamén pon en valor o papel das persoas con discapacidade como axentes activos no coidado do medio ambiente.
A través dos activistas medioambientais de Amicos, a entidade promove a súa participación en accións de sensibilización, conservación e protección do territorio.
O proxecto está impulsado por Amicos no marco do VI Plan Social ENCE Pontevedra 2026 e concluirá tras mobilizar case 300 persoas entre escolares e adultos, "consolidando a educación ambiental e a participación cidadá como ferramentas para avanzar cara a unha sociedade máis sostible e inclusiva", subliñan.
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Pierde la vida un trabajador en Negreira tras sufrir una caída en una obra
- La Xunta exige al Estado garantías 'por escrito' para que Galicia no pague 'una factura millonaria' por la AP-9
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas
- El caos aéreo en Reino Unido también golpea a Galicia: dos vuelos cancelados este martes entre Santiago y Londres