Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MEDIO AMBIENTE

Porto do Son recicla máis de 6.000 quilos de téxtil e evita a emisión de 19 toneladas de CO₂

A Comisión Europea avala a boa xestión destes residuos no municipio

Luis Oujo, alcade do Porto do Son.

Luis Oujo, alcade do Porto do Son. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Porto do Son

O Concello do Porto do Son, segundo os datos facilitados pola Comisión Europea, reciclou 6.070 quilos de residuos téxtiles recollidos entre os meses de marzo e xullo. Unha eficaz xestión que se traduce nun aforro de 19,2419 toneladas de emisións de gases de efecto invernadoiro (CO₂).

Desde o Concello destacan estes bos resultados e poñen de manifesto a importancia de continuar utilizando os colectores específicos, así como de fomentar prácticas responsables no tratamento da roupa e do calzado en desuso.

Usar os colectores específicos

O goberno local agradece á veciñanza "o seu compromiso, concienciación e implicación nestas tarefas" e animan a continuar "depositando estes residuos unicamente nos recipientes autorizados para garantir a calidade do proceso e evitar que o material acabe contaminando outros circuítos de lixo".

Na mesma liña, o alcalde, Luis Oujo, destacou que "estes bos resultados reafirman o compromiso deste goberno coa sustentabilidade e coa mellora continua dos servizos de recollida selectiva".

"A reutilización e o correcto tratamento destes materiais supoñen un compromiso real coa sustentabilidade do noso territorio, coa loita contra o cambio climático e co futuro do medio ambiente", rematou.

Tracking Pixel Contents