Boiro prende a mecha da troula en setembro con festas en Abanqueiro, Bermo e O Cabo de Cruz
No Bodión serán os actos na honra da Virxe do Carme, con procesión marítima, e no Castro haberá un encontro de embarcacións tradicionais

María Outeiral, cuarta pola esquerda, cos representantes das comisións de festas. / Cedida
Comeza o mes de setembro e continúa a actividade cultural e festiva en Boiro, con propostas de actividades en distintas parroquias organizadas polas comisións de festas. A concelleira de Cultura, María Outeiral, xunto con membros das distintas comisións, presentou as actividades.
Durante a fin de semana celebraranse en Boiro as Festas do Carme de Abanqueiro, que serán os días 4, 5 e 6 de setembro no Bodión, con actuacións musicais e a tradicional procesión marítima, que terá lugar o domingo día 6.
Tamén haberá na fin de semana festa no Castro coa celebración dos festexos na honra da Nosa Señora do Castro. Haberá actividade para todos os públicos os días 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro. Xunto coas festas do Castro, no Cabo da Cruz terá lugar o V Encontro de Embarcacións Tradicionais Mar de Cabo.
O sábado 5 de setembro terá lugar tamén en Bermo unha nova edición da Festa da Amizade, con xantar tradicional e actuacións musicais.
María Outeiral convidou a veciñanza a participar destas festas e agradeceu “a gran implicación de todas as persoas que forman parte das comisións e asociacións que fan posible que Boiro teña unha gran actividade festiva durante todo o ano”.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson