Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Boiro celebrará o Mes da Danza con oito espectáculos

Terán lugar no Pazo de Goiáns, na rúa peonil, en Cespón e en Ponte Beluso

María Outeiral, na presentación dos actos do Mes da Danza.

María Outeiral, na presentación dos actos do Mes da Danza. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Boiro

O Concello de Boiro celebra o Mes da Danza con actuacións de grupos locais e compañías profesionais. A programación foi presentada pola concelleira de Cultura, María Outeiral.

Este sábado 5 terá lugar o Encontro Tradicional de San Roque, que organiza Abeloura, ás 19.00 en Cespón. O domingo 6 ás 12.00, no Pazo de Goiáns, actuarán Abeloura, o grupo A. C. Verodal Arona, de Tenerife, e Os Jaitas Blue, de Noia.

O venres 11 ás 20.30 no pazo actuará o grupo da escola de ballet Cen Pliés, e o sábado 12 ás 12.00, na rúa peonil, será o espectáculo de danza de Marta Alonso. O domingo 13, no pazo, ás 18.00, actuará a A. C. Pedra da Arona. O historiador Rober Salas dará unha charla o sábado 19 ás 19.00 no pazo.

O domingo 20 ás 18.00, tamén no pazo, actuará Xilbarbeira.

O sábado 25 ás 20.00 será o Serán das Angustias en Ponte Beluso, e o domingo 26 actuará o grupo da A. C. Pedra da Aroña no pazo.

Tracking Pixel Contents