Churrasco, paella e espectáculo de luces en pista: así se ambientará a concentración moteira de Ribeira
O encontro organizado polo Club Os Reventapistóns terá lugar do 18 ao 20 de setembro na explanada de Coroso

Fernando Abraldes, terceiro pola esquerda, con José Francisco Mayo, Manuel Paz e Andrés Manuel González. / Cedida
O Club Os Reventapistóns celebrará en Ribeira a súa oitava concentración de motos este mes de setembro despois da tradicional quedada que tivo lugar no mes de abril. Será os días 18, 19 e 20, coa explanada de Coroso como epicentro das actividades.
A programación foi presentada polo concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes, xunto a José Francisco Mayo, Manuel Paz e Andrés Manuel González, representantes da entidade.
"Esta concentración reunirá os afeccionados das motos, ademais de dinamizar social e economicamente o municipio nunha época, mediados de setembro, na que tamén hai cabida para a posta en valor dos recursos turísticos e paisaxísticos coas rutas moteiras", dixo o edil.
"Dende o Concello de Ribeira agradecemos o traballo do Club Os Reventapistóns pola planificación dos eventos que promove e a repercusión que teñen, non só para os amantes da condución sobre dúas rodas, senón tamén para o conxunto do municipio", afirmou Abraldes.
O programa de actividades arrancará o venres 18 cunha ruta mototurística no luscofusco, ás 21.00 horas, para repoñer forzas cunha gran churrascada, ás 21.30 horas, e bailar coa actuación de DJ Manu X, das 23.30 horas en diante.
O sábado 19 haberá sesión vermú e degustación de paella, a partir das 13.00 horas, amenizada polo grupo musical Os Chispas 2.0.
Xa pola tarde emprenderase unha nova ruta mototurística, ás 17.20 horas, para regresar a Coroso co primeiro pase de Rui Santos Stunt, subcampión hispano-luso, ás 18.40 horas, e os xogos moteiros (roda quenda, proba de decibelios e moto lenta), ás 19.50 horas.
Despois haberá cea para as persoas inscritas, ás 21.00 horas; ruta nocturna dos fachos e corredor de lume, ás 23.00 horas; segundo pase de Rui Santos Stunt Light Show, cun espectáculo visual de luces en pista, ás 23.20 horas; e música a partir das 00.10 horas, con Planet Disco Móbil, DJ Jalaico e DJ Mou.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Beatriz Romero, intérprete de signos de Rozalén, en Santiago: 'Cada vez más personas sordas se interesan por la música»