O xerente do Sergas visita o Hospital do Barbanza para planificar futuras melloras asistenciais
Luis León Mateos salientou a importancia do futuro Hospital de Día Oncohematolóxico, que permitirá achegar tratamentos especializados evitando desprazamentos

Pola esquerda, Hugo Pérez, Luis León Mateos e Ángel Facio, con dúas facultativas durante a súa visita ao Hospital do Barbanza. / Cedida
O xerente do Servizo Galego de Saúde, Luis León Mateos, visitou este mércores o Hospital do Barbanza, en Ribeira, para coñecer de primeira man a situación do centro e planificar as futuras melloras asistenciais.
O responsable sanitario visitou as consultas, a sala de endoscopias e os servizos de Urxencias, Radioloxía e Farmacia.
Acompañado polo xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Ángel Facio, e polo director do Hospital do Barbanza, Hugo Pérez, o responsable autonómico salientou a importancia do futuro Hospital de Día Oncohematolóxico co que contará o centro sanitario, o que permitirá achegar tratamentos especializados sen que os pacientes teñan que desprazarse a outros hospitais.
Con este encontro, o xerente do Servizo Galego de Saúde pecha a rolda de contactos que está a realizar polos hospitais comarcais, tras achegarse nas últimas semanas aos da Mariña, Valdeorras, Verín, Virxe da Xunqueira, O Salnés e Monforte de Lemos.
A visita enmárcase no firme compromiso da Xunta por potenciar os hospitais comarcais, consolidando as melloras continuas orientadas a incrementar a súa capacidade asistencial e optimizar a xestión global dos recursos públicos.
Compromiso coa calidade asistencial en Barbanza
A Xunta vén de investir máis de 410.000 euros en reforzar a capacidade diagnóstica do Hospital do Barbanza cunha nova sala de Radioloxía e novos ecógrafos para os servizos Urxencias e Dermatoloxía.
A nova sala de Radioloxía, que contou cun investimento de case 250.000 euros, mellora a calidade da imaxe, aumenta a precisión diagnóstica, reduce a radiación que recibe o paciente e incorpora ferramentas baseadas en Intelixencia Artificial, ademais de dispoñer de tecnoloxía de imaxe 3D. Este novo equipamento permitirá realizar ao redor de 2.100 estudos cada ano, o que incrementa a capacidade asistencial do hospital comarcal.
Así mesmo, o servizo de Urxencias optimizou a súa capacidade diagnóstica coa dotación dun novo ecógrafo portátil.
O investimento da Xunta no Hospital do Barbanza forma parte da estratexia do Executivo galego por seguir modernizando o equipamento sanitario dos hospitais comarcais co propósito de achegar a sanidade de vangarda a todo o territorio.
A aposta da Xunta pola calidade asistencial nesta comarca complétase coa recente posta en funcionamento da nova ambulancia de soporte vital avanzando con base neste centro hospitalario, o que mellora a atención das urxencias de máis de 75.000 veciños e veciñas.
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- La orquesta que quiere devolver a las verbenas las canciones que marcaron a toda una generación
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Val do Dubra despide a la exconcejala Celsa Oreiro tras su fallecimiento y decreta dos días de luto
- Cuando Galicia estuvo en el epicentro del debate nuclear: medio siglo de la autorización para una central en la costa de Lugo que nunca llegó a levantarse
- Del sobrino de Pondal a una tía de Rajoy: el CSIC recupera la ciencia gallega depurada por el franquismo
- Las fiestas del Cruceiro da Coruña en Santiago ya tienen fecha: cuatro días de verbenas, pasacalles y tradición