Rianxo aproba o novo convenio colectivo para o persoal laboral e os regulamentos de teletraballo e segunda actividade

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, centro, cos representantes sindicais, tras asinar o acordo. Foto: C.R. / Suso Souto
Suso Souto
A Mesa de Negociación do Concello de Rianxo aprobou por unanimidade o novo convenio colectivo para o persoal laboral, o acordo regulador para os funcionarios, o regulamento de teletraballo e o regulamento de segunda actividade para todo o persoal ao servizo da administración local.
Os textos aprobados implicaron na negociación ao conxunto do comité de empresa, a representante do funcionariado e os sindicatos CIG, UXT, CCOO e CSIF e, por parte do Concello, á Alcadía. En conxunto, a valoración do acordado foi moi positiva e é o último chanzo antes da futura aprobación da relación de postos de traballo que se prevé finalizar nuns meses.
Agora, tras o paso pola mesa de negociación, elevaranse ao pleno municipal para a súa ratificación.
Ademais da posta ao día do convenio colectivo e do acordo regulador, o regulamento de teletraballo supón unha ferramenta para establecer os protocolos de funcionamento da administración e dos departamentos non só en tempos de pandemia, senón nun novo xeito de traballar por tarefas, favorecendo a conciliación, con obxectivos e garantindo sempre a atención presencial. Esta será sempre semanalmente de polo menos de dúas xornadas, pois o teletraballo, voluntario e acordado polas partes, empresa e traballador/a, nunca superará o 50 % da xornada mensual.
O regulamento de segunda actividade sae ao paso de situacións e problemas físicos para desempeñar as tarefas ordinarias por parte dos traballadores que, sen embargo, non impiden seguir con outras tarefas en postos diferentes, evitando o cese da relación laboral prematuramente, coa conseguinte redución de dereitos e salarios laborais, e seguindo este traballo ata a súa extinción a petición do traballador. Xa existía para a Policía Local por lei e quíxose ampliar esta prestación para o conxunto da plantilla.
O alcalde, Adolfo Muíños, destacou o positivo clima de traballo xerado, que deu lugar a esta unanimidade xunto ao traballo do asesor Santos Lorenzo para chegar a acordos.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión