Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Boiro convoca a praza de orientador laboral e a de axente prospector

Fachada da casa consistorial de Boiro. Foto: Suso Souto

Fachada da casa consistorial de Boiro. Foto: Suso Souto / Suso Souto

Suso Souto

Boiro. O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a provisión, en réxime laboral, dunha praza de axente prospector e outra de orientador laboral para o Programa Integrado de Emprego 2020-2021. O prazo de presentación de solicitudes abre hoxe e será de 5 días hábiles.

As solicitudes deben presentarse no rexistro xeral do Concello ou a través da sede electrónica. O contrato formalizarase baixo a modalidade contractual laboral temporal por obra ou servizo e o sistema de acceso será por concurso-oposición libre. Os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas para o posto de prospector son, entre outros, ter como mínimo

unha titulación de Formación Profesional de grao medio, permiso de conducir e vehículo. Para o posto de orientador laboral precísase estar en posesión do título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou equivalente. s.S.

Tracking Pixel Contents