Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Boiro creará unha bolsa para contratar técnicos de administración xeral

Fachada da casa consistorial de Boiro: Foto: Suso Souto

Fachada da casa consistorial de Boiro: Foto: Suso Souto / Suso Souto

Suso Souto

BOIRO. O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego que permita nomeamentos interinos como técnicos/as de administración xeral. O prazo de presentación de solicitudes abriu onte e será de dez días hábiles. O obxecto desta convocatoria é a selección de persoal para a formación dunha bolsa de emprego de técnicos/as de administración xeral do subgrupo A1, que permita a cobertura interina. A selección farase mediante o procedemento de oposición consistente na realización de tres probas: un cuestionario de cen preguntas, unha proba escrita de resolución dun ou varios casos prácticos e unha proba de coñecemento de lingua galega. As persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos, como ter o título de grao, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou equivalente. s. s.

Tracking Pixel Contents