Boiro tramita permisos para as queimas e podas

Fachada da casa consistorial de Boiro. Foto: Suso Souto / Suso Souto
Suso Souto
Boiro. O Concello de Boiro é o primeiro do Barbanza en tramitar os permisos de podas e queimas para a veciñanza e dentro do termo municipal, a través do departamento municipal de Urbanismo.
A forma de solicitar estes permisos é a través da sede electrónica da Xunta de Galicia; precísase dispoñer da chave 365 e coñecer a referencia catastral da finca, “un proceso traballoso para as persoas que non dispoñen das capacidades tecnolóxicas para poder realizar as solicitudes”, segundo sinalan dende a administración local.
Os axentes forestais e moitas persoas demandaban que se facilitase o proceso, polo que agora o Concello boirense comezou a realizar este trámite para facilitalo e axilizalo. Desde xeito, as persoas que precisen solicitar un permiso de podas ou queimas, de uso doméstico, nunha finca do termo municipal poden facelo dirixíndose directamente ao departamento de Urbanismo para que sexa o persoal da administración local o que faga o citado trámite.
O servizo de atención ao público do mencionado departamento é de luns a xoves, en horario de nove da mañá a unha e media da tarde. s. s.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión
- Alumnado del Xelmírez II recogerá esta semana su premio tras triunfar en Enreguéifate