Inaugurada en Ribeira a mostra de fotos sobre a Semana Santa local

Un dos paneis da exposición. Foto: C.R. / Suso Souto
Suso Souto
Veciños e visitantes xa poden disfrutar da exposición fotográfica ao aire libre que con motivo da Semana Santa organiza o Concello de Ribeira en colaboración coa parroquia de Santa Uxía.
Na soleada mañá deste xoves, a mostra (titulada Fe, arte, contemplación) foi inaugurada nun acto que contou coas intervencións do alcalde, Manuel Ruiz; do párroco, Alfonso Mera; da concelleira de Cultura, María Sampedro; e de Manuel Iglesias, no nome de Lesmes Fotógrafos, responsable das vinte instantáneas que comprenden a iniciativa (tamén estivo a súa irmá Flora Iglesias). Entre os asistentes, concelleiros de distintos grupos da Corporación, así como representantes da Igrexa na comarca, membros de organizacións benéficas e club de xubilados e xente que se desexou a achegar atraída pola beleza das imaxes.
Manuel Ruiz declarou que a Semana Santa non só é unha celebración relixiosa, senón tamén arte e cultura, e que con esta perspectiva se quixo organizar esta exposición na que podemos contemplar os actos e ritos que a compoñen a través dos ollos da familia Lesmes, dos que repasou a súa multipremiada traxectoria: un currículo no que tamén fixo fincapé María Sampedro lembrando que este ano optan a galardóns tan prestixiosos como os Premios Goya ou ó certame organizado pola Federación Europea de Fotografía.
Alfonso Mera subliñou que a través das distintas capturas se fai un percorrido polo triduo pascual, principiando polo domingo de Ramos e concluíndo na Resurección. O cura párroco loou as fotografías de Lesmes Fotógrafos pois “a súa mirada axúdanos a ir máis alá, a ver cousas que moitas veces non vemos”.
Pola súa parte, Manuel Iglesias manifestou que buscaban transmitir unha imaxe cercana e expresou o seu desexo de que a xente se acostume a visitar exposicións desta índole.
A mostra consta dunha selección de vinte obras tomadas no 2019 de gran formato dispostas en cinco estruturas modulares con dimensións de dous metros por dous metros. A maior parte delas son en branco e negro e están acompañadas de textos alusivos.
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- El legendario París-Dakar revive en Fontiñas: así es la versión del barrio compostelano
- Hijos de Rivera lanza Santa Clara, su nueva cerveza temporal en colaboración con Basqueland Brewing
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- Cuarenta chefs con Estrella Michelin en Negreira por Art for Dent, Arzak y Casa Barqueiro
- El aeropuerto de Santiago cambia Heathrow por Gatwick, pero mantendrá su vuelo diario con Londres este invierno
- La USC sitúa a tres investigadores entre los jóvenes más destacados de Galicia por sus avances en energía, obesidad y turismo
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan