Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Encontro con dous cineastas chilenos sobre os incendios

Membros das Brigadas Deseucaliptizadoras en plena acción.

Membros das Brigadas Deseucaliptizadoras en plena acción. / Suso Souto

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Suso Souto

Lousame. A localidade lousamá de Froxán acolle este domingo un encontro cos cineastas chilenos Verónica González e Nicolás Salazar, que dirixiron o recentemente lanzado documental Llamas del despojo: incendios del negocio forestal. Os realizadores chilenos desprazáronse ata esta localidade galega para coñecer de primeira man e filmar a testemuña e acción das Brigadas Deseucaliptizadoras, xa que en Chile hai máis de 3 millóns de hectáreas de monocultivo de piñeiro e eucalipto en mans de grandes empresas que están destruíndo o territorio, auga e bosques, xerando problemáticas asociadas aos lumes que son novas para o país.

Durante a mañá filmarán a intervención deseucaliptizadora das brigadas nunha nova zona de intervención en Froxán, ao longo do rego da Abelleira, en parcelas con acordos de custodia do territorio coa Fundación Montescola, nas que no próximo inverno se plantarán árbores autóctonas. O material servirá para un novo proxecto documental, no que se recollerá a experiencia galega das Brigadas Deseucaliptizadoras.

Pola tarde haberá un coloquio sobre o citado documental e sobre os desafíos dos incendios e dos monocultivos forestais en Galicia e Chile. s.s.

Tracking Pixel Contents