Lousame ‘acelera’ o período medio de pago, que se situou durante o segundo semestre en 18,8 días

Teresa Villaverde, no centro, presidindo a sesión plenaria celebrada en Lousame. Foto: C. L. / Suso Souto
Suso Souto
LOUSAME. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, deu conta ó pleno do período medio de pago correspondente ao segundo trimestre de 2022, que foi de 18,8 días. “É unha cifra moito mellor que a do trimestre anterior”, recoñeceu a mandataria municipal.
Na mesma sesión, a Corporación municipal aprobou por unanimidade dúas ordenanzas: a de administración electrónica e a reguladora da taxa pola prestación do servizo do Punto de Atención á Infancia. “No ano 2014 aprobamos a actual ordenanza sobre administración electrónica, pero cambiaron moitas cousas dende aquela, sobre todo a nivel xurídico e técnico, polo que decidimos actualizala”, explicou ao respecto a alcaldesa, quen engadiu que o cambio na ordenanza fiscal do PAI “é para incluír a gratuidade do servizo establecido pola Xunta de Galicia”.
A unanimidade mantívose tamén na aprobación da Conta Xeral correspondente ao exercicio de 2021 e no cambio da forma de xestión do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), na modalidade de libre concorrencia. Os tres grupos políticos tamén lle deron o visto bo a un recoñecemento de crédito por un importe de 2.229,8 euros para o pago de catro facturas rexistradas no ano 2022, pero correspondentes a servizos prestados en 2021, e á adhesión do Concello de Lousame ao Plan Xeral de Prevención de Riscos e Medidas Antifraude (Premadecor) da Deputación da Coruña, unha iniciativa que ten como obxectivo garantir unha axeitada xestión dos fondos Next Generation.
Finalmente, a Corporación aprobou atrasar a próxima sesión plenaria ordinaria ata o venres día sete de setembro. Por outra banda, a administración local lousamía vén de aprobar o incremento dos gastos plurianuais nos expedientes de contratación relativos ao Plan de Mellora de Camiños 2022-2023, un incremento que vai dende os 10.000 aos 56.000 euros. suso souto
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días