Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Tradi, tributos e verbenas para celebrar o verán

» Boiro inicia hoxe as festas estivais que se prolongan ata o próximo 10 de xullo

A banda compostelana Dios Ke Te Crew actúa o sábado

A banda compostelana Dios Ke Te Crew actúa o sábado / CEDIDA

B. C. [santIaGO]

Comezan as grandes Festas do Verán en Boiro. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeiral, daban a coñecer hai unhas semanas o programa destas festividades, que se celebran na localidade barbanzá entre este venres 5 e o mércores 10 de xullo. Música tradicional, tributos e actuacións de grandes orquestras mestúranse nun conxunto de eventos confeccionado polo departamento municipal de Cultura para todos os públicos, con actuacións en tres escenarios.

O pregón, que este ano está dedicado ao sector téxtil, será o sinal de partida das festas. O programa de hoxe completarase coa actuación da orquestra Gran Parada, o concerto de Lontreira e a IV Remember Fest de Peñas Boiro.

O programa continúa o sábado con dianas e alboradas e actividades pola mañá, como a tradicional malla do centeo, que este ano será na praza do Centro Social con actuacións de grupos tradicionais. Pola noite, será a quenda da orquestra Orixe e un Tributo a Dire Straits na praza do Concello, xunto cun concerto dos Dios Ke Che Crew no Centro Social de Boiro.

O domingo tamén haberá baile galego na praza do Centro Social e unha sesión vermú coa Treboada Baixo Minho; pola tarde, un concerto de boleros cos Trobeiros da Ponte na praza do Centro Social e a actuación do grupo A Misela; un Tributo a Rocío Jurado na praza do Concello, e a orquestra Suavecito, ademais dunha gran tirada de fogos artificiais, que este ano será ás 00:15 horas na Praia de Barraña.

O luns, a actividade das peñas comezará ás 12:00 h no Parque da Cachada, que se prolongará ata a tarde con sesións de DJ. Xa pola noite, haberá un concerto de Tradi na praza do Centro Social e actuacións das orquestras Assia e Charlestón na praza do Concello.

A programación do martes inclúe un espectáculo infantil pola mañá na praza do Centro Social e continuará pola noite coas orquestras París de Noia e Marbella na praza do Concello e un concerto do músico de Pontevedra Anxo Araújo e o seu pop elegante na praza do Centro Social.

As Festas do Verán 2024 de Boiro chegarán ao seu fin o mércores 10 de xullo con alboradas e un espectáculo infantil pola mañá, e pola noite a Orquestra Baravú Xangai na praza do Centro Social, un tributo a Tina Turner e o DJ Matrek Show na Praza de Galicia.

LE AQUÍ O ESPECIAL DAS FESTAS DO VERÁN DE BOIRO 2024

LE AQUÍ O ESPECIAL DAS FESTAS DO VERÁN DE BOIRO 2024

LE AQUÍ O ESPECIAL DAS FESTAS DO VERÁN DE BOIRO 2024
Tracking Pixel Contents