Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FITUR 2026

Muros destaca a súa tradición e litoral para os deportes

Muros é un dos destinos turísticos máis interesantes das costas galegas e no que, independentemente da época do ano, os visitantes teñen asegurada unha experiencia inesquecible

Pedro Blanco con Caridad González e Damián Torea en Fitur

Pedro Blanco con Caridad González e Damián Torea en Fitur / CEDIDA

Santiago

Entre os seus puntos fortes está a gastronomía. Como bo concello costeiro, destaca pola súa variedade de mariscos, con produtos exquisitos como navallas, ameixas e longueiróns, pero sobre todo por identificarse coma un dos concellos referentes na produción de mexillón.

Na súa participación en Fitur, onde estiveron presentes a concelleira de Turismo, Caridad González, e o concelleiro de Deportes, Damián Torea, salientaron entre outros temas o potencial turístico do municipio nas datas de Semana Santa, pois é unha das máis catequéticas e instructivas da comunidade. Os pratos fortes destes festexos son o Venres Santo, xornada na que ás rúas se enchen para celebrar a procesión de El Encuentro; e o Domingo de Resurrección, día no que celebran La Palomita, un acto único en Galicia.

Tamén fixeron fincapé nas súas Festas de Interese Cultural, onde resaltaron o Festival das Carrilanas de Esteiro e as Xornadas Muros Mira ao Mar. Ambas citas congregan milleiros de persoas no municipio durante o verán.

ESPECIAL FITUR 2026

ESPECIAL FITUR 2026

ESPECIAL FITUR 2026

Por outra banda, profundizaron sobre o potencial da vila mariñeira para a práctica e a organización de eventos de deportes acuáticos coma o surf, que conta con praias de grande ondaxe como a de Ancoradoiro.

Tracking Pixel Contents