Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Concurso de comparsas e festas infantís animan Muros

Este agardado certame celebrarase o domingo e repartirá máis 3.500 euros en premios n Esta tarde haberá sesión de contacontos

A concelleira de Cultura, Caridad González, presentou a programación do Entroido

A concelleira de Cultura, Caridad González, presentou a programación do Entroido / CEDIDA

Muros

O Entroido do Concello de Muros entra desde hoxe mesmo, mércores día 11, na fase máis intensa dun completo programa de actividades que se prolongará ata o día 21 e que inclúe festas infantís, desfiles, música e actos tradicionais, segúndo avanzou no seu día a concelleira responsable de Cultura, Caridad González.

Esta mesma tarde, ás 18:00 horas, a Axencia de Lectura de Esteiro acollerá unha sesión de contacontos titulada Flipa cos contos, a cargo de Fran Campos, no que posiblemente sexa o Entroido máis madrugador da zona. E o venres será a quenda dos máis pequenos coa Festa Infantil de Disfraces no Centro de Sorribos de Abelleira.

O sábado celebrarase o Entroido Esteirán desde as 17:00 horas, cun percorrido que partirá da rotonda de Creo e que rematará cunha merenda de chocolate con churros na Alameda de Esteiro. Xa pola noite, haberá unha gran Festa de Entroido con DJ baixo carpa no Curro da Praza de Muros.

O domingo chegará o Gran Desfile e Concurso de Comparsas, que percorrerá o traxecto entre a Virxe do Camiño e o Curro da Praza e que se repartirá máis de 3.500 euros en premios.

Este certame, segundo a edil de Cultura, Caridad González Cerviño, «é unha festa feita para participar, crear e compartir». As festas infantís continuarán o luns nos pavillóns de As Insuas de Serres e Xosé Lago de Esteiro, e o martes no Centro Social de Louro.

O mércores celebrarase o Enterro do Facundo e, o venres, terá lugar a Festa de Disfraces da biblioteca no Centro San Xosé. Os pequenos despedirán o Entroido polo alto o sábado, coa última Festa Infantil de Disfraces no Centro Agrovello de Tal.

Especial Entroido 2026

Especial Entroido 2026

Especial Entroido 2026

E todo isto en esquecer a ampla oferta gastronómica, de terra e mar, que ofrece o concello de Muros.

Tracking Pixel Contents