Entroido 2026
Maxia entroideira en Rianxo
Rianxo non é alleo a unha das celebracións máis agardadas do ano.

Cartel do Entroido de Rianxo / CEDIDA
O Entroido, que traerá á localidade unha ampla programación desde o venres 13 ata o sábado 21 na que non faltará música, nin artesanía, nin disfraces, nin tradición. A xornada inaugural arrancará co Concurso de Bandas Enmerxentes na Praza de Castelao, onde porán a música Chocolate Disco Móvil, Tito Maverick e DJ Cañón.
O sábado comezará ao ritmo da sesión vermú amenizada por Mekanika Rolling Band e continuará cun cocido popular a mediodía, tamén na Praza de Castelao. Pola tarde, organizarase un bingo e actuará o Dúo Arco Iris e, paralelamente, haberá unha feira de xogos para a rapazada. Asemade, o Entroido chegará ao Centro Cultural de A Capela, na parroquia de Araño, cun concurso de disfraces, xogos variados e degustación de filloas.
Domingo 15: día grande
O día forte, domingo 15, será a cita máis animada e completa do programa. A partir das 16.30 horas terán lugar obradoiros e xogos diversos para a cativada na Carpa do Entroido, habilitada na Praza de Castelao, así como un certame de carrozas e grupos con desfile e escenificacións.
Na Praza de Castelao tamén haberá momento para probar sorte co sorteo de agasallos, para o que será obrigatorio estar disfrazado. Ademais, como boa vila mariñeira, organizaranse degustacións de xoubas (para nenos de ata 6 anos), sardiñas (de 7 a 12) e xardas (de 13 ou máis anos).
Encargarase de poñer a bailar aos festeiros a actuación da Comparsa Rianxeira, no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro, onde posteriormente se celebrará a Festa de Entroido, con degustacións de orellas e filloas, concurso de disfraces e música.
O luns 16 será unha xornada dedicada aos pequenos. A Praza de Castelao acondicionarase como un patio de xogo con inchables, obradoiros e xogos diversos e, para rematar, quedarán asombrados co espectáculo O Feticeiro, de Henriko. Este é un peculiar feiticeiro, mago, bruxo e charlatán que porá a proba a intuición dos nenos cos seus inexoplicables trucos e poderes sobrenaturais. O martes 17 tamén haberá inchables, talleres e pasatempos variados, ademais doutra actuación da Comparsa Rianxeira.
Finalmente, para despedir o Entroido por todo o alto, os veciños citaranse en Campos de Pasos, na parroquia de Taragoña, o sábado 21, para vivir unha tarde inesquecible con inchables, obradoiros, xogos, desfile e o agardado Concurso de Carrozas que impulsará a creatividade dos rianxeiros. A troula rematará cunha Gran Verbena de Entroido que incluirá, entre outras actividades, certames de disfraces, actuacións musicais e sesións DJ.

Especial Entroido 2026
Especial Entroido 2026Estas celebracións son posibles grazas ao traballo conxunto entre o Concello de Rianxo e as entidades organizadoras como a Asociación Festival Rock in Rian, a Asociación Sociocultural A Moreniña, a Asociación Veciños de Araño, a Asociación Cultural Campo Maneiro e a Comisión de Festas de Taragoña. n
- David Arcay y Manuel Ramos 'sobreviven' al frío y al viento en A Fervenza para proclamarse campeones gallegos de lago
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Santiago presenta la Festa da Uña de San Lázaro con un homenaje a los fundadores de la Orde y la París de Noia en el cartel
- El precio de la gasolina continúa subiendo y llenar el depósito ya supera los 100 euros en Santiago