Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entroido 2026

Noia volverá aos anos 90 para celebrar o Entroido

Disfraces, comparsas, música, familia e gastronomía

Un grupo de persoas divertíndose no Entroido de Noia.

Un grupo de persoas divertíndose no Entroido de Noia. / CEDIDA

Noia

En Noia o Entroido non pasa desapercibido, máis ben todo o contrario, porque se celebra ao grande. Nesta edición da festa, o Concello recupera tradicións moi queridas, suma novas propostas e volve encher a vila de maxia e alegría para todos os públicos.

O programa comezará este venres cunha actividade para gozar en compañía: a ruta O Paris Dakar de sempre. Este encontro convida aos veciños a compartir unha tarde e noite en comunidade desde as 20.00 horas no Bar Paris, en San Lázaro. O percorrido será amenizado polos ritmos da charanga BB+ e terá o seu punto final na carpa da Alameda, onde seguirá a festa.

Xa o sábado, o municipio montarase nunha máquina do tempo para retornar á época de hai tres décadas coa iniciativa Noia con Marcha: A Noia dos 90-00. Esta proposta percorrerá as rúas nun gran campo da festa, no que a música e a animación polos bares e prazas estarán presentes ao longo de toda a xornada. Busca trasladar aos veciños ao período máis festeiro de Noia e convidalos a encher as rúas ataviados con disfraces inspirados nas décadas dos 90 e 2000.

Comezaráse a partir das 17.00 cun tardeo no que discotecas móbiles itinerantes percorrerán toda a vila e, a partir das 23.30 horas, a troula pasará á carpa da Alameda, onde haberá o sorteo dunha moto.

O domingo, ás 20.30 horas na carpa da Alameda, celebrarase o Bingo de Entroido, unha cita pensada para todos os públicos e na que non faltará música e animación. Será dirixido por Patricia Galván.

O luns 16, a partir das 17.00 horas, celebrarase a Festa Infantil de Entroido, tamén na carpa da Alameda, con inchables, espectáculos musicais e unha actuación infantil a cargo de ANIMAR-T, así como desfile infantil de disfraces. En caso de que haxa mal tempo, a festa trasladarase ao polideportivo Alonso Rodríguez.

O mércores de Cinza celebrarase o tradicional Enterro da Sardiña, con acompañamento da charanga Solfamidas e chocolatada ás 19.00, antes do inicio do enterro ás 20.30 horas.

Especial Entroido 2026

Especial Entroido 2026

Especial Entroido 2026

Para poñer o broche de ouro aos festexos, os veciños botaranse ás rúas o venres 20 polo Gran Desfile de Entroido, no que personaxes míticas e sacadas de soños pasearán desde o paseo marítimo ás 20.30 ata a rúa do Curro, onde estará a Disco Móbil CDC para continuar coa festa. Haberá en xogo premios de ata 7.600 euros.

Tracking Pixel Contents