Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A actuación estrela virá da man do artista King África o luns 16, na carpa do Malecón

Ribeira vivirá unhas festas de Entroido cheas de música

A actuación estrela virá da man do artista King África o luns 16, na carpa do Malecón

A alcaldesa, María Sampedro, e o edil Fernando Abraldes, presentando a programación

A alcaldesa, María Sampedro, e o edil Fernando Abraldes, presentando a programación / CEDIDA

Ribeira

O Entroido xa está á volta da esquina en Ribeira, e para garantir que a súa veciñanza poida gozar dunhas datas marcadas pola diversión, a cor e sobre todo a música, o Concello ten preparado un completo programa lúdico que comezará o venres 13 de febreiro e alongarase ata o mércores 18.

Na presentación das diferentes actividades, a alcaldesa, María Sampedro, asegurou que o obxectivo «é facer unha festa animada e divertida para que todos os veciños de Ribeira, con independencia da idade, poidan desfrutar dunhas datas que desprenden alegría e celebración».

Durante seis días as rúas impregnaranse do ambiente entroideiro, ao que contribuirán charangas como Fanfarria Furruxa e Os Celtas da Baña. O sábado 14 habilitarase unha proposta imperdible para a rapazada: o Expreso do Entroido, un tren infantil que levará aos nenos nunha viaxe máxica polas rúas ribeirenses. Pola tarde, os pequenos poderán seguir coa diversión da man da festa infantil de Entroido de Amas de Casa, no liceo marítimo; e co espectáculo músical Son Animal, de Paco Nogueiras, no Auditorio Municipal.

Por outra banda, Ribeira non se esquece de celebrar paralelamente o San Valentín, polo que o 14 de febreiro a partir das 11 da noite haberá festa amenizada pola Planet Discomóvil con piruletas e globos con forma de corazón para os asistentes.

O domingo destaca a Choqueirada Infantil e o seu concurso de disfraces, onde se repartirán vales de compra de 100 euros. O prato forte recalará en Ribeira o luns coa participación de King África nun concerto que promete facer vibrar o Malecón. O artista arxentino porá coas mans no aire ao público con míticos temas como Bomba, Salta ou Mamá Yo quiero.

Especial Entroido 2026

Especial Entroido 2026

Especial Entroido 2026

O colofón chegará o próximo mércores co clásico Enterro do Felipe e unha degustación de doces típicos de Entroido.

Tracking Pixel Contents