Día Internacional da Muller
Charlas, talleres e teatro en Boiro para velar pola igualdade ao longo deste mes
O Centro Social de Abanqueiro e o do centro do municipio acollerán diferentes propostas

O concelleiro de Política Social, Raúl Treus, na presentación dos programas. | CEDIDA
Para conmemorar o Día Internacional da Muller, o Concello de Boiro ten preparadas unha serie de actividades destinadas a concienciar ao seu pobo e abordar as problemáticas que moitas mulleres sofren, aínda que non o exterioricen. O seu compromiso pola igualdade estenderase durante todo o mes de marzo en dúas programacións.
Boiro comezará a movilizarse esta mesma mañá dando o pistoletazo de saída ao seu programa especial polo 8M baixo o lema: «Un mesmo rumbo, múltiples voces». A primeira actividade, celebrada o venres, pegou con forza, xa que foi o acto central do Día da Muller, a lectura do manifesto institucional na Casa do Concello. Un emotivo encontro no que se contou coa participación das asociacións Ámbar, Amicos, Cruz Vermella, A Creba, Barbantea e Aloumiña.
A posteriori, tamén na Casa do Concello, tivo lugar a presentación da mostra visual e fotográfica Pegadas que inspiran: mulleres transformadoras onte, referentes hoxe, da Cruz Vermella boirense e Asociación Turbina. Logo, Ámbar amosou unha proposta escénica na que contarán co apoio da escola de ballet Cen Pliés. Unha intervención artística que puxo o foco nos corpos, as miradas e as múltiples formas de ser muller.
Xa o sábado, a programación continúa a partir das 16.00 da tarde no centro social coa conversa Muller e autismo: por que acontece o desequilibrio de xénero no diagnóstico?, moderada por María Tubio Fungueiriño, psicóloga investigadora en Grupo de Medicamento Xenómica. Xusto despois, sobre as 17.00 horas, organizaranse as conversas acompañadas Mulleres e diagnóstico tardío con Ingrid Mosquera, docente, investigadora e divulgadora. Este é un taller práctico e íntimo, organizado pola asociación Barbantea, pensado para falar, reflexionar, recoñecerse e acompañarse desde a experiencia propia de cada muller.
A última actividade da programación polo 8M será ás 20.00 horas no Centro Social de Abanqueiro, cando se suba o paño para presenciar o teatro musical Non estamos tolas. Unha iniciativa impulsada polo espazo creativo e de artes ecénicas Mimarte que combinará música e teatro para cuestionar estigmas, romper silencios e poñer voz ás vivencias das mulleres.

Especial 8M 2026
Especial 8M 2026Posteriormente, no marco do programa Muller e Saúde, o 13 de marzo impartirase unha charla de información e mitos sobre complementos na alimentación, no Centro Social de Abanqueiro. O 18 de marzo, o centro social boirense acollerá a charla Sobrecarga dos Coidados, para abordar o impacto físico e emocional que sofren os coidadores. Este mesmo espazo, o 27 de marzo, acollerá un taller de reflexión sobre como expresar, comprender e regular as emocións en cambios vitais e significativos. En paralelo, no centro social de Abanqueiro realizarase un obradoiro sobre educación emocional e técnicas de relaxación. n
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Buena comida y gran ambiente en la primera Festa da Caza de Trazo
- Crónica social compostelana | Comida de confraternidad de la promoción del curso 1966-67 del Colegio La Salle