Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Outes utiliza a maxia e o teatro para educar no 8M

A casa da cultura acollerá un espectáculo máxico o día 12 e un contacontos teatralizado o día 27, ambos para o público infantil

Unha sesión educativa pasada sobre roles de xénero no IES Poeta Añón. | CEDIDA

Unha sesión educativa pasada sobre roles de xénero no IES Poeta Añón. | CEDIDA

Outes

O Concello de Outes prepara un programa especial de actividades con motivo do Día Internacional da Muller. Baixo o lema Dereitos. Xustiza. Acción. Para todas as mulleres e nenas, o municipio barbanzán dará comezo aos actos conmemorativos coa lectura do manifesto 8M. Unha declaración conxunta por parte de todos os grupos políticos e o membro non adscrito da localidade que animará a esixir a igualdade de dereitos e a xustiza necesaria para que eses dereitos se cumpran, exerzan e desfruten.

Esta non é unha data puntual para a reivindicación, é un día máis de loita conxunta e de recordo continuo para avanzar cara unha sociedade igualitaria, xusta e democrática.

A continuación, o Concello dará comezo ás actividades o luns 9 coa estrea da campaña de sensibilización Igualdade si, violencia de xénero no, que estará activa ata o vindeiro día 16. Unha iniciativa sorpresa para concienciar á cidadanía.

Especial 8M 2026

Especial 8M 2026

Especial 8M 2026

O día 12 a casa da cultura acollerá o espectáculo de maxia Igualdade: ¿Onde estás?, dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe. A última proposta chegará o 27 de marzo, tamén na casa cultural, co contacontos teatralizado Expectativa vs. Realidade, dirixido ao estudantado de 2º e 3º da ESO do IES Poeta Añón. n

Tracking Pixel Contents