Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Día Internacional da Muller

Xornadas sobre saúde feminina e espectáculo teatral no 8M de Rianxo

Hoxe haberá música e micro aberto no campo de arriba. Animan a asitir con mandil

Primeira sesión das xornadas ‘Muller e Saúde’ sobre os cambios evolutivos, celebrada o pasado luns. | CEDIDA

Primeira sesión das xornadas ‘Muller e Saúde’ sobre os cambios evolutivos, celebrada o pasado luns. | CEDIDA

Rianxo

O Concello de Rianxo volve estar presente e alzar a voz co gallo do Día Internacional da Muller. Unha data que abre un período de reflexión e reivindicación e que neste concello da costa barbanzá se aborda desde diferentes puntos de vista, poñendo o foco na saúde feminina, fomentando a creatividade con diferentes obradoiros, concienciando ás familias co teatro e animando unha vez máis á veciñanza a estar unida por unha sociedade xusta.

A programación comezou o día 2 de marzo co primeiro encontro das xornadas Muller e Saúde. Unha iniciativa centrada en promover o benestar físico, mental e emocional das mulleres que impulsa a Concellaría de Igualdade. Nesta primeira cita afondouse sobre os cambios evolutivos na muller.

O día grande, hoxe sábado, consistirá nunha longa xornada de participación e entretemento. Primeiramente, ás 11.30 horas, celebrarase o obradoiro Escrita Creativa Púrpura, no Cuartel Vello. A continuación, a partir das 12.30 horas, o campo de arriba rianxeiro transformarase nun espazo festeiro con micro aberto e música. Dende o Concello animan á veciñanza a asistir ás actividades ataviados con mandís «para darlle a volta á historia», convidando ao compromiso colectivo para romper estereotipos.

Xa pola tarde, ás 20.30 horas, o auditorio municipal será escenario da lectura do manifesto institucional. Ao rematar, acollerase a representación teatral Mulleres de conto, de Cris de Caldas. Unha recolección de relatos dunhas mulleres que non viviron unha vida de conto pero que, sen dúbida, merecen ser lembradas e máis nunha ocasión como esta. Un evento que actúa como altofalante daquelas que non puideron alzar a voz.

Especial 8M 2026

Especial 8M 2026

Especial 8M 2026

O luns 9, de 16.30 a 20.30 horas no salón de actos do auditorio, presentarase a segunda sesión das xornadas Muller e Saúde, que terá como tema principal a endometriose.

O venres 14 amosarase unha visión do 8M desde o deporte coa celebración do IV Seminario de intensivo de defensa persoal feminina. A actividade será no pavillón José Manuel Abuín e poderán participar como máximo 75 persoas. Por último, pero non menos importante, o salón de actos do auditorio acollerá a última sesión das xornadas sobre saúde feminina. Impartirase de 16.30 a 20.30 horas e a cuestión a tratar será a detección precoz do cancro de mama. n

Tracking Pixel Contents