Noia impulsa o turismo a través dunha Semana Santa para todos os públicos
O alcalde, Fran Pérez, salienta que a programación busca que os visitantes «poidan gozar da contorna marítima, a natureza e o patrimonio cultural e histórico» que distinguen a vila costeira a través de visitas guiadas e actividades

A ruta da Fervenza de Argalo é unha das opción preferidas dos sendeiristas.
O Concello de Noia presenta por primeira vez unha programación de Semana Santa cun enfoque claro na promoción turística, apostando por unha oferta variada que combina lecer, cultura, natureza e tradición.

A vila encherase de visitantes para contemplar as tradicionais procesións.
O alcalde de Noia, Fran Pérez, puxo en valor o traballo realizado e destacou o potencial do destino: «Queremos que Noia se consolide como un destino con múltiples opcións para todos os públicos, onde se poida gozar da nosa contorna marítima, da natureza e dun patrimonio cultural e histórico de primeiro nivel. Esta programación, con propostas como as andainas, as visitas guiadas ou as actividades no mar, vai nesa liña».
A programación inclúe actividades como as andainas pola fervenza de Argalo e o rego das Cunchas, as visitas guiadas polo casco histórico, a experiencia Noia Plató Natural ou as saídas no balandro Joaquín Vieta, ademais da apertura da oficina de turismo no Casino.
No ámbito cultural e familiar, complétase con espectáculos como La última frecuencia no Coliseo Noela e propostas de animación infantil, ampliando as alternativas de ocio durante estes días.
Xunto con isto, a Semana Santa de Noia mantén o seu marcado carácter tradicional, cunha ampla programación de actos relixiosos e procesións, que constitúen un importante reclamo para o turismo relixioso, permitindo vivir unha experiencia auténtica ligada á identidade da vila.
Pola súa parte, o tenente de alcalde, Manolo Seijas, incidiu no impacto económico e na importancia dunha oferta completa: «Este tipo de programacións son clave para o impacto económico local. É importante ofrecer actividades variadas, desde a cultura ata a natureza ou o lecer, para que quen nos visite teña unha experiencia completa e queira volver».

ESPECIAL SEMANA SANTA 2026
ESPECIAL SEMANA SANTA 2026Ademais, o Museo do Mar Carmen Barcia ampliará os seus horarios durante esta semana, facilitando o acceso a este espazo clave para coñecer a relación de Noia co mar. Desde o Concello destacan que esta iniciativa reforza a súa estratexia de dinamización turística, consolidando Noia como un destino atractivo tamén fóra da tempada estival.n
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Juan Díaz Villoslada asume este miércoles la gerencia de la Universidade de Santiago