Procesións e rutas guiadas en Muros
A edil de Turismo, Caridad González, destacou a importancia da Semana Santa muradá, que ofrece procesións e actos relixiosos con gran valor patrimonial e simbólico

González, no centro, durante a presentación da Semana Santa muradá / CEDIDA
O Concello de Muros deu comezo onte aos seus actos de Semana Santa. «É unha das citas máis importantes do noso calendario», destacou a edil de Turismo, Caridad González, na presentación da Semana Santa muradá. A programación inclúe celebracións litúrxicas e procesións que percorren as rúas e prazas da vila, convertendo Muros nun escenario de gran valor patrimonial e simbólico durante estas datas marcadas pola participación veciñal.
Entre os actos máis destacados figuran a procesión do Domingo de Ramos, a celebración do Xoves Santo coa procesión da Santa Cea, así como os actos centrais do Venres Santo, co Sermón do Encontro, o Desencravo e a procesión do Santo Enterro.

ESPECIAL SEMANA SANTA 2026
ESPECIAL SEMANA SANTA 2026A programación culminará o Domingo de Resurrección, coa tradicional Palomiña e a misa solemne. Ademais, a Concellería de Turismo completa a oferta cun programa de visitas guiadas. A primeira, denominada Cova da Bruxa, sairá do Cemiterio das Mimosas o 31 de marzo. A outra, a ruta As prazas de Muros, escenario da Semana Santa Muradá, está fixada para o 1 de abril.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas