Concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo polo seu 23º aniversario
Interpretarán con Teatro Airiños os cinco contos de ‘Retrincos’, de Castelao, hoxe no auditorio

A Banda da Escola de Música de Rianxo durante un concerto. | CEDIDA
A Banda da Escola de Música de Rianxo dará este sábado no auditorio un concerto especial polo Día das Letras Galegas e o seu vixésimo terceiro aniversario. Baixo o nome de Retrincos, a actuación terá lugar ás 20.30 horas e contará co apoio de Teatro Airiños. O espectáculo está dividido en dúas partes por cada un dos cinco contos. En primeiro lugar, e ao comezo de cada un dos relatos, a agrupación escénica fará adaptacións das cinco historias escritas por Castelao como introdución para logo dar paso á banda musical, que interpretará unha obra que compuxo David Fiuza, director da Banda de Música Municipal de Santiago, por encargo dos rianxeiros no ano 2008.
O auditorio promete albergar un espectáculo asegurado ao ritmo das frautas traveseiras, obóes, trompas, trompetas, tubas, violonchelos, e os demais instrumentos que caracterizan este tipo de agrupacións. Participarán un total de setenta persoas.
Esta experiencia non é nova para a escola de música, xa que é tradición que aporten ambiente e alegría á vila barbanzá nunha data especial como a das Letras Galegas. «Este tipo de concertos son moi importantes para nós porque podemos innovar. Normalmente enchemos o aforo», indica Rafael Collazo, director da Banda de Música da Escola de Rianxo.
A entrada é de balde ata completar a capacidade do auditorio e haberá recollida de convites desde unha hora antes do comezo da función (máximo dous por persoa).
A Banda da Escola de Música de Rianxo está formada por 56 persoas, a maioría delas mozos e mozas, aínda que tamén contan con compoñentes con máis experiencia vital: «Temos un compañeiro de 56 anos», precisa o director.

Especial das Letras Galegas 2026
Especial das Letras Galegas 2026É unha institución moi querida pola veciñanza rianxeira, pois este tipo de agrupacións son parte importante do concello: «Rianxo é unha vila de banda e nós loitamos cada ano para que continúe sendo así». n
- La compostelana Televés lanza una nueva generación de antenas preparada para la televisión del futuro y las redes 5G
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- El pueblo gallego que se cubrirá de flores este fin de semana: ideal para recorrer a pie y con una fiesta de Interés Turístico Internacional
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- Donde comen seis: la familia que desafía la baja natalidad compostelana
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- Más de 200 joyas del British Museum llegan al Gaiás con ‘Voces del Pacífico’