«O 2027 é o ano perfecto para premiar a Zernadas polo Día das Letras»
Baixo o Proxecto Zernadas´27, o Concello de Lousame une forzas para homenaxear este precursor do galeguismo coincidindo co 250 aniversario do seu pasamento

O alcalde, cuarto esquerda, na presentación da Festa das Letras de Lousame. / Cedida
Coincidindo co 250 aniversario do pasamento de Diego Antonio Zernadas de Castro, coñecido como o cura de Fruíme, o Concello de Lousame impulsou este ano o proxecto Zernadas’ 27, unha iniciativa coa que o municipio está a promover a candidatura do autor para o Día das Letras Galegas de 2027. «É o precursor do galeguismo.
Nun contexto complexo para Galicia e a súa lingua como era o século XVIII, Zernadas levou a cabo un papel heroico defendendo a identidade da comunidade e o uso do galego », sinala o alcalde lousamián, Esteban Ares.
O rexedor fala por todo o pobo de Lousame cando afirma que «probablemente é a figura máis importante do noso Concello», así como que «merece ser recoñecido a nivel autonómico, non esquecido». A lista de escritores que optan a ser premiados no Día das Letras Galegas de 2027 é longa e nela destacan reputados nomes como Xosé Neira Vilas. Con todo, desde o Concello de Lousame queren salientar que o próximo ano conta cun contexto especial para facer merecedor deste recoñecemento ao cura de Fruíme.
«Zernadas no 2027 e Neira Vilas no 2028»
«Non se pode dubidar de que autores como Xosé Neira Vilas merecen ser recoñecidos pola Real Academia Galega, tal vez o 2028 sexa o ano axeitado ao cumprirse cen anos do seu nacemento. Non obstante, o 2027 é o ano perfecto para pechar a efeméride de Zernadas e premialo co Día das Letras Galegas», di Ares. Baixo o seu punto de vista, a conmemoración non só faría honra ao galeguista, senón que tamén «poría a Lousame no mapa de Galicia a nivel cultural».

Especial das Letras Galegas 2026
Especial das Letras Galegas 2026Apoio veciñal e dos académicos
A campaña xurdiu para que a veciñanza lousamiá sentise colectivamente a necesidade de propoñer o seu histórico paisano como merecedor das Letras Galegas e coñecesen a súa influencia. De feito, o Goberno local destinou unha partida dos seus orzamentos para presentar en todas as parroquias do municipio, ao longo destesmeses, iniciativas que amosasen o valor da vida e a obra de Zernadas. «Hai un apoio unánime a nivel político, social, cultural e veciñal», sinala. Ademais, realizaron actos institucionais de presentación da candidatura con conferencias de profesionais como Xulio Pardo de Neira e Xosé Manuel Rivas Troitiño.
Ademais, o alcalde, xunto co departamento de Cultura encabezado pola concelleira Silvia Agrafojo, está mantendo reunións con académicos da RAG para explicarlles o proxecto en detalle. «É a ilusión dun pobo e o momento de que a Academia se lembre del», remarca. Como colofón a todas as actividades sobre Zernadas de Castro, o Concello de Lousame organizará un acto especial mañá en Fruíme, terra do ilustre galeguista, baixo o nome Festa do Galego 2027: todos con Zernadas.
Ás 10.00 horas iniciarase unha andaina de 5 quilómetros con saída e meta no Adro da Igrexa, na que cada 500 metros os camiñantes observarán unha lámina sobre a vida e obra do autor. Ao longo da mañá haberá diferentes actuacións musicais e, ás 12.30, terá lugar a tradicional ofrenda floral diante do busto de Zernadas. Finalizará cun xantar popular organizado pola Asociación de Veciños Zernadas de Castro de Fruíme. «É un acto aberto para que apoien esta causa veciños de todos os concellos», conclúe o alcalde lousamián.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- El pueblo gallego que reparte 20.000 raciones de callos este fin de semana: ideal para recorrer a pie, con catas gratis y cine al aire libre
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- Seis policías nacionales salvan la vida a una mujer tras una brutal agresión de su pareja en una vivienda de Santiago
- Contra el abandono del monte, cachenas: «Gestionan la vegetación para evitar que el incendio sea tan virulento»
- Fallece una mujer tras ser evacuada por una indisposición en el Monte Pindo, en Carnota
- Así es el asombroso pazo a 20 minutos de Santiago en el que se rodó 'Las hijas de la criada', la serie que ya arrasa con su estreno en Antena 3
- El Gobierno avisa a la UE: no aceptará las lenguas de la ampliación hasta que gallego, catalán y euskera sean oficiales