Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Boiro. Festas do Verán 2026

O Pazo de Goiáns volve brillar no escudo de Boiro

A histórica edificación pasou da escuridade ao esplendor grazas a unha rehabilitación que o sacou da ruína para convertelo en referente

Imaxe de arquivo dunha actuación de Carlos Núñez fronte ao Pazo de Goiáns. | CEDIDA

Imaxe de arquivo dunha actuación de Carlos Núñez fronte ao Pazo de Goiáns. | CEDIDA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Boiro

O Pazo de Goiáns é o gran símbolo identitario e patrimonial de Boiro. De feito, está representado no seu escudo. Foi construído polos Fandiño Gayoso a mediados do século XVI, posiblemente sobre unha torre defensiva anterior que foi destruída durante as Revoltas Irmandiñas, e álzase maxestoso sobre unha parcela de 120.000 metros cadrados.

Boiro. Festas do Verán 2026

Boiro. Festas do Verán 2026

Boiro. Festas do Verán 2026

O seu muro perimetral, de 1.972 metros, data do século XVIII; e a súa torre, levantada en 1688, mide 14 metros de altura (equivalente a un edificio de 4 plantas). No Pazo de Goiáns chegaron a traballar 22 criados en 1723.

No ano 2019, o Concello puxo en marcha un ambicioso plan para rescatar do abandono e da ruína este histórico inmoble ata convertelo nun auténtico templo referencial no eido da cultura. Un plan que, con todo, continúa a día de hoxe.

En maio de 2022, e tras a rehabilitación da construción central e a torre (na que se investiron máis dun millón de euros con cargo a un crédito sen intereses do Instituto Galego de Vivenda e Solo), o inmoble abría as súas portas ao público. A actuación incluíu ademais o acondicionamento dos accesos e as zonas axardinadas.

A rehabilitación do inmoble levouse a cabo cunha enorme sensibilidade dende os puntos de pista arquitectónico, histórico e patrimonial. Para as estruturas interiores utilizouse madeira de árbores talladas nun bosque de Austria. A madeira de abeto finlandés recibiu tres tratamentos en Francia: para evitar a súa putrefacción, contra os insectos e para reducir a súa inflamabilidade. As pezas cortáronse en Cantabria, o axuste final das mesmas realizouse nunha nave da carpintaría Madeiras Valentín, de Boiro, e o seu encaixe foi totalmente artesanal, con técnicas tradicionais, como se facía no século XVI. Nin un parafuso.

En 2023 o Pazo de Goiáns abandonaba a Lista Vermella de Hispania Nostra (na que entrara en 2019) e entraba na súa Lista Verde.

En maio de 2024 o Concello poñía en marcha a rehabilitación da capela do pazo, na que se investiron 110.133 euros (o 80% achegouno a Deputación da Coruña e o resto, o Concello).

Esta actuación incluíu a restauración da pasarela de pedra que conecta o pazo co pequeno templo, que data do século XIX, aínda que se construíu sobre outro fundado en 1630 por Jorge Varela de Castro Sotomayor.

O pasado mes de maio, a Corporación municipal aprobou o proxecto para rehabilitar o lagar pequeno, unha vivenda e as cortes, coa finalidade de formalizar un convenio coa Deputación coruñesa para o seu financiamento. O orzamento é de 252.332 €.

Quedarán despois por rehabilitar o lagar grande, as cocheiras, a vivenda dos criados e o pombal.

TEMAS

Tracking Pixel Contents