Noia. Feira Medieval 2026
«Recuperamos a esencia da Feira Medieval de Noia»
O sábado agarda unha afluencia de 30.000 persoas

Ana Moas, Francisco Pérez, Chelo Martínez e Moncho Pérez. | CEDIDA
Iker Cotón
Noia prepárase para vivir unha das súas grandes citas anuais do calendario festivo. A vila xa conta as horas para a Feira Medieval deste 2026, que terá lugar nesta fin de semana, de venres a domingo, cun amplo programa que inclúe obradoiros de artesanía, música e espectáculos de todo, que farán que a vila mariñeira retroceda no tempo varios séculos.

Noia. Feira Medieval 2026
Noia. Feira Medieval 2026A decoración é un apartado fundamental para este tipo de celebracións e dende Concello de Noia aseguran ter recuperado a esencia da Feira Medieval nesta edición de 2026. «Investimos moito en decoración e animación. Recuperamos a animación particular propia de este tipo de festas», resalta Fran Pérez, alcalde de Noia, que confía en que a vila viva unha celebración sen precedentes. «Agardamos unha participación superior ao ano pasado e a outros anos», dixo. «O tempo vai acompañar e o sábado esperamos unha aglomeración de 30.000 persoas, o que case triplica a poboación da vila».
Dende a organización presumen de ter recuperado o espírito tradicional da Feira Medieval, aínda que incluindo algúns cambios. «Fixemos un cambio moi importante no espectáculo dos cabaleiros, que é un dos favoritos cada ano. Ademais, mudamos as actividades de cetrería, que agora terán lugar nos xardíns de Felipe de Castro, por mor do benestar animal».
Estas non serán as únicas novidades desta edición, avisa o alcalde. «Unha estrea importante son as actuacións dun grupo de banderatoris da Toscana, un espectáculo visual con bandeiras, acrobacias e malabares». Ademais, un dos principais atractivos da fin de semana será a recreación do desembarco dos navíos británicos do ano 1147, que atracaron no antigo porto de Noia antes de continuar a súa viaxe a Santiago de Compostela.
Por aquela época, o porto de Noia era un dos puntos de comercio máis importantes de Galicia, chegando a ser coñecido como o Porto do Apóstolo.
Esa importancia de Noia reflíctese na actualidade no extraordinario patrimonio histórico da vila, que foi durante séculos unha das localidades máis importantes da costa galega debido ao comercio marítimo e ás rutas de peregrinación.
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Las 5 playas fluviales cerca de Santiago que se están convirtiendo en el refugio perfecto para escapar del calor
- Prisión provisional sin fianza para el detenido por el atropello mortal de Bertamiráns
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima