Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026

Rianxo exalta hoxe a súa xouba, un peixe ‘de marca’ que ten 3 embaixadores

Durante a celebración gastronómica que terá lugar na alameda serviranse uns 180 quilos

Un mariñeiro de Rianxo pescando xoubas a bordo dunha embarcación xeiteira. | CEDIDA

Un mariñeiro de Rianxo pescando xoubas a bordo dunha embarcación xeiteira. | CEDIDA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Rianxo

Galicia conta con moitos produtos elevados aos altares da gastronomía pola súa calidade, o seu éxito comercial e a súa fama, como as patacas de Coristanco, o pemento de Padrón, o queixo de Arzúa... ou a xouba de Rianxo. Precisamente hoxe terá lugar na alameda da vila rianxeira a XXXI Festa da Xouba, organizada polo Concello coa colaboración da confraría, que aporta os aproximadamente 180 quilos de produto que se van servir. A xouba cociñarase en base a varias receitas.

A inauguración será ao mediodía co Baile das Francadas. Ás 13.00 horas será a sesión vermú, amenizada por Mínimo Eventos, e xa pola noite (22.30) a Banda Escola de Música de Rianxo ofrecerá o concerto Bandas Sonoras de Cinema Infantil.

SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026

SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026

SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026

O tirón que a xouba de Rianxo ten no mercado débese a que se captura coa exclusiva arte do xeito (nada que ver coa do cerco, pois faise de xeito artesanal e selectivo), nunha zona moi determinada da ría de Arousa na que se alimenta do plancto do fondo e nunha época concreta (a partir de mediados de maio) na que as augas adquiren a temperatura adecuada para atraer as sardiñas que acoden alí a desovar. O seu tamaño mínimo é de 11 centímetros e o tamaño máximo da malla da rede é de 17,5 milímetros.

Para intentar erradicar a fraude ao redor da xouba rianxeira, poñela en valor e garantir a súa orixe e o trazado na súa comercialización, desde que se captura ata que chega ao consumidor, a confraría creou hai tres anos a marca Xouba de Rianxo-Pesca Artesanal Arte do Xeito, concedida pola Oficina Española de Patentes e Marcas e que, en base a un exhaustivo regulamento, controla, outorga e promociona o pósito.

As embarcacións rianxeiras autorizadas para a pesca da xouba coa arte do xeito incorporáronse de oficio a este distintivo, aínda que poderán ser expulsadas se non cumpren as esixencias. Doce empresas conserveiras están adheridas a esta marca, así como varios restaurantes e praceiras. Todos eles teñen unhas claves de acceso á plataforma que controla a orixe e o trazado do produto, á que deben subir os datos de cada compra: datas, cantidades, códigos de enlatado...

No marco deste proceso de control establécese mesmo o tempo máximo que o produto pode estar á venda no posto dun mercado ou na cámara frigorífica dun restaurante.

Para poder estampar o selo Xouba de Rianxo en etiquetas, latas ou cartas, o produto debe ser adquirido exclusivamente na lonxa de Rianxo.

A Xouba de Rianxo tamén ten embaixadores para a súa promoción: os chefs Lucía Freitas (Estrela Michelin, do restaurante A Tafona), Miguel Mosteiro (Gastrolab Arousa) e Manu Gómez (Aghro da Corna). n

Tracking Pixel Contents