Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Noia celebra seis días de festas con música, tradición e actividades

As festas de San Bartolomeu comezan hoxe cunha programación para todos os públicos

A Orquesta Mondragón durante o espectáculo no Palacio de Vistalegre.
 | CEDIDA

A Orquesta Mondragón durante o espectáculo no Palacio de Vistalegre. | CEDIDA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

R.S

Noia

As Festas Patronais en honra de San Bartolomeu comezan hoxe en Noia cunha programación que se prolongará ata o mércores 26 de agosto e que combina tradición, música, gastronomía e actividades deportivas. A vila ofrecerá propostas para todos os públicos ao longo dos seis días.

Festas de San Bartolomeu de Noia 2026

Festas de San Bartolomeu de Noia 2026

Festas de San Bartolomeu de Noia 2026

A xornada inaugural arrincará ás 9:00 horas co tradicional estoupido de bombas de palenque, seguido das dianas e alboradas de DJ Gaitas Blue. Ás 13:00 horas terá lugar o pregón no Palco da Música, a cargo de Noemí Fábregas, promotora do I Mercadiño Solidario de Pascua de Noia, iniciativa que conseguiu recadar máis de 22.000 euros para a investigación contra o cancro metastásico.

Durante o día tamén haberá exhibicións deportivas, o Día da Bicicleta e as semifinais do IX Torneo Portus Apostoli de fútbol sala, que reúne en Noia a O Parrulo Ferrol, Illes Balears Palma Futsal, a Selección de Indonesia e o Viaxes Amarelle.

Pola noite, a música será protagonista. A partir das 22:00 horas actuarán Claxxon e A Misela, mentres que ás 22:30 horas a Praza do Tapal acollerá o concerto de Treixadura, un dos principais reclamos da primeira xornada.

O sábado 22 combinará actividades deportivas e infantís con música en distintos espazos da vila. O IX Torneo Portus Apostoli celebrará o partido polo terceiro e cuarto posto e a gran final, mentres que pola noite actuarán Efecto Mariposa, Momboi, DJ Hot Cues, Origen e La Trinidad.

O domingo 23 a gastronomía ocupará un lugar destacado coa Festa da Empanada no Campo da Feira, ás 13:00 horas, acompañada pola Banda de Música de Noia e a sesión vermú con Juan do Tractor. Pola tarde haberá un espectáculo infantil de Uxía Lambona e a Banda Molona, e pola noite actuarán Orquesta Mondragón, Conductores Suicidas e Leite con Jalletas.

O luns 24, día grande das festas, manterá o carácter máis tradicional coa misa en honra a San Bartolomeu, ás 20:00 horas en San Martiño, seguida da procesión. A xornada completarase con actividades infantís e, pola noite, coa actuación de París de Noia ás 22:00 horas na Alameda, mentres Dani Barreiro & Friends ofrecerá a Noite de Humor ás 22:30 horas no Tapal.

O martes 25 estará marcado polo Festival de Danza da Escola de Danza Oitos, a beneficio de Cruz Vermella, e por unha noite dedicada á música urbana no Tapal, a partir das 22:30 horas, con Dyrkyz, Xian Pais, DJ Borja Solla e LG1D0.

As festas despediranse o mércores 26 con actividades infantís, a misa e procesión en honra a San Roque e as actuacións de Kubo e Troula na Barquiña. A Noite do Berros, con David Amor, e o espectáculo de fogos artificiais, ás 23:59 horas, poñerán o punto final á programación. n

Tracking Pixel Contents