Vieiro ocupará provisionalmente as oficinas do antigo centro municipal de formación tras o incendio da súa sede
Responsables municipais mantiveron hoxe unha reunión con membros da xunta directiva da entidade para buscar un novo emprazamento

Sede de Vieiro incendiada na madrugada do pasado domingo. Foto: Concello de Carballo.
Carballo. O alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, visitaron hoxe a sede de Vieiro nas antigas vivendas dos mestres, que quedou inhabitable como consecuencia dun incendio intencionado na madrugada do domingo. Os responsables municipais mantiveron unha reunión cos membros da xunta directiva Fina Rey, Xosé María Arán e Pilar Mata e con persoal da asociación antidroga, e puxéronse á súa disposición para a procura dun emprazamento alternativo dada a imposibilidade de seguir utilizando o local que xa tiñan cedido polo Concello de Carballo.
Nada máis rematar a xuntanza realizouse unha visita ao edificio do antigo ambulatorio, onde se barallou a posibilidade de acondicionar un espazo na planta baixa, aínda que a necesidade de realizar obras impediría a súa utilización a curto prazo. Posteriormente achegáronse ata o antigo centro municipal de formación, na avenida da Cristina, que en principio reuniría as condicións necesarias para o seu uso inmediato por parte da asociación, polo que se acordou a ocupación provisional da instalación á espera do acondicionamento da sede que se habilitará no antigo ambulatorio.
A Brigada Municipal de Obras colaborará con Vieiro no traslado, que se realizará esta mesma semana. A xunta directiva agradeceu a colaboración dos servizos municipais e a rápida resposta do goberno municipal, que permitirá que a asociación retome a súa actividade nos vindeiros días.
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Nueva caída del tráfico en Lavacolla: uno de cada tres pasajeros deja de volar desde Santiago en un año
- Detenidos por intento de homicidio una mujer y su hijo tras apuñalar varias veces en el tórax a un hombre en Bertamiráns
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades